Inicio Galicia A campaña da Xunta Cooperativismo en Movemento achégase mañá a Lalín para...

A campaña da Xunta Cooperativismo en Movemento achégase mañá a Lalín para difundir os valores da economía social

0

A actividade forma parte da programación que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está desenvolvendo con motivo do Día do Cooperativismo Galego, que se celebrará o próximo 7 de xullo

A iniciativa Cooperativismo en Movemento que está a desenvolver a Xunta de Galicia para difundir os valores e principios da economía social trasládase mañá a Lalín. Trátase dunha actividade que forma parte da programación que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a desenvolver con motivo da celebración do Día do Cooperativismo, que ten lugar cada primeiro sábado do mes de xullo. Este ano será o día 7.

A tropa do doutor milagre: Cooperando facemos a viaxe é o título do espectáculo de artes escénicas da compañía Inventi Teatro que chega maña a Lalín, ás 19.00h á Praza de Loriga. No caso de choiva, a actividade trasladarase ao Salón Teatro da cidade pontevedresa. O obxectivo é achegar ao público os beneficios do traballo conxunto a través dunha escenografía, música, improvisación, xogo, baile e maxia. A obra ten unha duración dunha hora aproximadamente.

Leer más:  Rueda solicita acuerdo para revitalizar el gallego: "Queda mucho por hacer"

De xeito paralelo, instalarase unha exposición informativa sobre as cooperativas que poderá visitarse no mesmo espazo no que se desenvolverá o espectáculo teatral. Con esta iniciativa darase a coñecer o mundo das cooperativas e os valores que promove este modelo empresarial.

Este evento teatral enmárcase na programación que se iniciou nas localidades de Marín, Viveiro e Ourense e que terá continuidade o día 20 de xuño, ás 20,00 horas na Praza de Santa María de Lugo; e o día 27 na Praza do Mercado da Estrada, ás 12,00 horas.


- Te recomendamos -