Inicio Galicia Lugo A banda galega Brath actúa no Euroradio Folk Festival de Moscova co...

A banda galega Brath actúa no Euroradio Folk Festival de Moscova co apoio da Agadic

0

O grupo lucense foi seleccionado por RNE para representar a España neste certame de músicas étnicas de carácter non competitivo


O grupo galego Brath levará a súa música a Moscova co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), no marco do Euroradio Folk Festival da Unión Europea de Radiodifusión (UER), que a partir de hoxe e ata o 28 de maio celebra a súa 39ª edición anual.

Os lucenses, que actuarán o vindeiro luns no Concert Hall da Ostankino TV Tower, foron seleccionados por Radio Nacional de España (RNE) para representar o noso país neste certame de carácter itinerante e non competitivo, un equivalente á Eurovisión das músicas étnicas. A cadea rusa Orpheus Radio é a anfitrioa este ano e o recital será gravado e emitido en máis de 30 radios europeas, asiáticas e americanas.

A traxectoria de Brath, banda liderada por Eloi Caldeiro, comezou hai 38 anos e ao longo do seu percorrido contribuíu ao espallamento da cultura galega polo mundo. Tras máis de 1000 concertos e 16 álbums publicados, é recoñecido como un dos grupos galegos pioneiros na difusión internacional.

Leer más:  Atchugarry: "Cada una de mis obras se encuentra en un lugar estratégico para entablar un diálogo con la arquitectura de Calatrava"

O Festival Folk de Radiodifusión da Unión Europea leva celebrándose case catro décadas. Cada nova edición está organizada por unha emisora pública do país anfitrión. España foi sede do festival en 1986 e 2012 e os representantes para todo o Estado foron galegos en dúas ocasións: en 1987, cando Carlos Núñez actuou en Tonder (Dinamarca) e en 2001, ano no que o quinteto vogal feminino Ávalon viaxou a Miskolc (Hungría). RNE escolleu este ano a Brath pola súa “contrastada calidade e a súa continua procura de novas linguaxes baseadas na tradición”.

O evento inclúe as actuacións de 17 grupos de moi diversos países, entre os que se atopan formacións procedentes de Estonia, Armenia, Bielorrusia, Suecia, Suíza, Corea do Sur, Bulgaria, Polonia, República Checa, Eslovenia, Finlandia ou Turquía.

A Agadic colabora nesta iniciativa como parte das súas accións de promoción exterior das industrias culturais galegas, nas que, no eido da música, se inclúen tamén as subvencións á distribución nacional e internacional ou a participación nos principais encontros profesionais do sector.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

- Te recomendamos -