Inicio Galicia 20 asociacións de mulleres da provincia da Coruña benefícianse das axudas para...

20 asociacións de mulleres da provincia da Coruña benefícianse das axudas para o fomento do asociacionismo da Xunta

0

En total recibirán unha axuda global de 43.390 euros para afrontar gastos correntes e para promover actividades en materia de igualdade

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou as axudas que acaba de conceder a Secretaría Xeral de Igualdade destinadas a fomentar o asociacionismo e participación das mulleres, das cales na provincia de A Coruña se beneficiaron 20 entidades cunha inversión global de 43.390 euros.

Estas axudas están dirixidas a asociacións de mulleres e as súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres na vida das súas comunidades.

A finalidade destas partidas é fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

O programa contar con dúas liñas básicas de actuación. A primeira ten como obxectivo consolidar o movemento asociativo axudando a compensar os gastos correntes que orixinan o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

O segundo dos obxectivos desta orde é promover actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.  Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleresEntidade beneficiariaImporte concedido

Leer más:  El cuerpo sin vida de un varón que había sido buscado desde el viernes fue recuperado del río Ulla en Teo (A Coruña)

- Te recomendamos -