Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o proxecto das sendas peonís e...

A Xunta somete a información pública o proxecto das sendas peonís e ciclistas entre Mandín e As Torres e en Fontán, nos concellos de Oleiros e Sada

0

Este proxecto contará cun investimento económico de preto de 470.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de itinerarios peonís e ciclistas na estrada AC-163, en Fontán e na AC-182, entre Mandín e As Torres.

Este proxecto contará cun investimento económico de preto de 470.000 euros. O prazo para a presentación de alegacións e informes abranguerá dende mañá ata o vindeiro 19 de outubro, tal como se indica no DOG: https://goo.gl/sccu7rNa estrada entre Espíritu Santo e Oleiros (AC-182), defínese un itinerario peonil na estrada entre Mandín e As Torres, que comunica dous tramos que contan con beirarrúas. O treito percorre os Concellos de Sada e Oleiros. A lonxitude aproximada das sendas previstas é de 260 metros.

Na estrada entre Sada e Mera (AC-163) defínese un itinerario peonil en Fontán, en Sada, executándose pola marxe esquerda, salvo un pequeno tramo pola dereita. A lonxitude aproximada das sendas previstas é de 650 metros. A nova infraestrutura posibilitará o acceso a pé desde A Pereira ata Sada.

Leer más:  Interceptan en Poio (Pontevedra) al conductor de un vehículo de alta gama con un dispositivo de detección de radar

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, na comarca da Coruña, que recolle a construción de 9 itinerarios que suman 7 novos quilómetros e un investimento duns 5 millóns de euros. A execución destas actuacións será cofinanciada con Fondos FEDER 14/20.


- Te recomendamos -