Inicio Galicia A Consellería do Mar aprobou achegas por importe de case 4,5 millóns...

A Consellería do Mar aprobou achegas por importe de case 4,5 millóns de euros para o desenvolvemento de 75 proxectos para dinamizar as áreas costeiras este ano

0

Deste conxunto de proxectos, nove pertencen ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte e poranse en marcha por valor de máis de 576.000 euros


A Consellería do Mar aprobou este ano un conxunto de axudas para a posta en marcha de 75 proxectos para dinamizar as áreas litorais da nosa comunidade por importe de case catro millóns e medio de euros. Así o adiantou esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras unha visita realizada á empresa Lemar Elaboracións Artesás, que desenvolveu unha nova liña de envasado de congro ao abeiro dun proxecto do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro da Costa da Morte. Alí estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

O novo proxecto de Lemar nace co obxecto de implantar unha nova liña de envase en pequeno formato e outra de concentrado de congro seco procedente do secadoiro de Muxía, un dos poucos que quedan en Europa dedicados a esta actividade artesanal.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia apuesta por intensificar la colaboración con la Unión Europea en la lucha contra la violencia de género, la desigualdad salarial y la trata de personas

Así, a conselleira destacou que a posta en marcha desta iniciativa amosa a implicación do sector á hora de crear valor engadido aos seus produtos e acadar así maior valor económico polas súas vendas. Neste aspecto, resaltou que coa nova liña de envasado a empresa familiar Lemar pretende xerar máis vendas e aumentar así a actividade económica da empresa. Ao tempo, crearase un novo posto de traballo.

Este proxecto foi subvencionado pola Consellería do Mar con case 7.000 euros no marco das axudas de 2018 a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo. Con estas subvencións búscase impulsar iniciativas que redunden en beneficio para as zonas litorais de Galicia. Neste sentido, a conselleira lembrou que súa finalidade é impulsar proxectos que contribúan, entre outros aspectos, a aumentar o emprego e a cohesión territorial nas comunidades pesqueiras e acuícolas.

Neste sentido, Rosa Quintana tamén sinalou que son obxecto destas subvencións aqueles proxectos que contribúan a diversificar as actividades realizadas no eido do mar, a promover a innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura e a fomentar o patrimonio cultural pesqueiro. 

Leer más:  La Xunta considera controlado el brote de gastroenteritis en un colegio de Ames (A Coruña), donde se han registrado alrededor de 100 casos

- Te recomendamos -