Inicio Galicia Xunta e Tecnópole coordinan o evento de reunións bilaterais da conferencia de...

Xunta e Tecnópole coordinan o evento de reunións bilaterais da conferencia de Stakeholders do Atlántico

0

Pemes e entidades da área atlántica poden concertar encontros para atopar socios para os seus proxectos, así como coñecer oportunidades de financiamento

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia son as encargadas de organizar o evento de reunións bilaterais da próxima Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico, que se celebrará en Vigo os vindeiros 23 e 24 de outubro. Ambas as dúas entidades asumen esta tarefa na súa calidade de nodos en Galicia da Enterprise Europe Network, a través do consorcio Galactea Plus.

A V Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico é o evento anual máis importante do Plan de Acción do Atlántico, xestionado por unha rede de unidades que operan dende España, Francia, Irlanda, Portugal e Reino Unido para promover un crecemento intelixente da área a través de accións coordinadas.

Ademais de presentar os principais fitos do plan ao longo do último ano, as actividades programadas na conferencia buscan poñer en contacto a todos os grupos de interese da área atlántica para establecer vías de colaboración, compartir información e identificar oportunidades de financiamento e posibles socios para os seus proxectos.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Reunións bilateraisNo marco da conferencia, durante a primeira das dúas xornadas, terá lugar o evento de reunións bilaterais organizado por Tecnópole e Gain. O obxectivo será concertar encontros entre pemes e outras entidades da área atlántica para promover colaboracións en proxectos. Ademais, poderán solicitarse reunións con representantes da Comisión Europea, o Banco Europeo de Investimentos, a Rede de Business Angels, ministerios e outras institucións para coñecer as oportunidades de investimento abertas a empresas e valorar proxectos concretos. A solicitude de reunións estará aberta ata o 15 de outubro a través da web do evento ou a través da sección eventos da web de GAIN. A información completa sobre a conferencia está dispoñible na web da Estratexia Atlántica. 


- Te recomendamos -