Inicio Galicia Xunta e Ministerio de Interior participan na reunión da comisión de seguimento...

Xunta e Ministerio de Interior participan na reunión da comisión de seguimento de seguridade nos edificios xudiciais galegos

0

O convenio que se asina anualmente dende o ano 2007 conta cun investimento de 1,7 millóns e aproveita a experiencia das forzas e corpos de seguridade do Estado na vixiancia e protección de edificios


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Ángel Alonso Miranda; e o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, mantiveron esta mañá unha reunión da comisión de seguimento do convenio de colaboración entre o Ministerio do Interior e a Xunta en materia de seguridade nos edificios xudiciais da nosa comunidade, coa finalidade de darlle continuidade a esta colaboración iniciada no ano 2006, de modo que a seguridade das sedes xudiciais en Galicia siga encomendada a membros dos corpos e forzas de Seguridade do Estado, Garda Civil e Policía Nacional.

Tamén do seo da comisión de seguimento, estúdanse os aspectos referidos á seguridade pasiva das sedes xudiciais, así como as melloras que se vaian a implantar neste ámbito nos vindeiros exercicios económicos. A consignación orzamentaria da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para asumir os gastos do persoal da Garda Civil e da Policía Nacional recollidos no convenio é de 1,7 millóns de euros. 

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva en la que Carmela Silva continúa como presidenta

- Te recomendamos -