Inicio Galicia Xunta e Goberno portugués colaboran na solta de 6.000 esguíns de salmón...

Xunta e Goberno portugués colaboran na solta de 6.000 esguíns de salmón no Miño dentro dun proxecto europeo de cooperación

0

A iniciativa enmárcase no programa Migramiño co que ambas administracións buscan mellorar a conservación do salmón atlántico no tramo internacional do río

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) soltaron esta mañá 6.000 exemplares de xuvenís de salmón no tramo internacional do Miño co obxectivo de mellorar o estado de conservación do salmón atlántico no río. Esta nova acción entre a Xunta e o Goberno portugués forma parte do proxecto de cooperación transfronteiriza Migramiño, liderado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e que busca a protección e conservación de peixes migradores no tramo internacional do Miño e nos seus afluentes.

A solta de salmóns realizada hoxe encádrase nunha das actividades deste proxecto, concretamente na de reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores. Debido á seca que afectou a Galicia este outono non se puideron facer soltas nos afluentes de ambas marxes, polo que Patrimonio Natural e o ICNF decidiron aprazar as soltas ata a primavera e soltar os xuvenís na fase de esguín, xusto antes da súa migración cara ao mar.

Leer más:  Un hombre mata a cuchilladas a su cuñado en plena calle en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) y se da a la fuga

A solta dos 6.000 esguíns realizouse desde a Comandancia Naval de Tui e durante o proceso, os técnicos galegos e portugueses contaron coa colaboración das armadas portuguesa e española.

Programa de recuperación desde a década dos 90O río Miño representa na actualidade o límite da distribución sur do salmón atlántico en Europa. Desde finais dos anos 90 ata hoxe, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén desenvolvendo un programa de recuperación do salmón atlántico nos ríos galegos, entre os que se atopa o Miño.

Estas actuacións céntranse na mellora da accesibilidade, o control da pesca e a mellora das poboacións mediante a introdución de reprodutores autóctonos. Nestes momentos o río Tea, principal afluente do Baixo Miño na marxe galega, e o río Mouro, que é o afluente da marxe portuguesa, representan as únicas zonas de reprodución e cría natural do salmón atlántico na bacía do río Miño, xunto a algunhas áreas do curso principal.

Recentemente comezou a funcionar unha estación de captura na presa de Frieira, que é a primeira barreira infranqueable do curso principal do Miño. Desde entón, captúranse xuvenís de anguía e reprodutores de salmón para trasladalos á piscifactoría de Carballedo para a súa reprodución artificial e a cría da súa descendencia. Deste xeito formouse un stock de salmóns procedentes na súa orixe do Miño para o reforzo das poboacións neste río.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

- Te recomendamos -