Inicio Galicia Xunta e Fademga colaborarán na adaptación de sentenzas a lectura fácil para...

Xunta e Fademga colaborarán na adaptación de sentenzas a lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da asociación, Eladio Fernández, para poñer en marcha este proxecto piloto


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga), Eladio Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para poñer en marcha un proxecto piloto para adaptar sentenzas e outros documentos á lectura fácil. No acto tamén participou o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas.

A lectura fácil é un método de adaptación e redacción de textos que se emprega para facer accesible a información ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e con dificultades na comprensión lectora.

Este primeiro proxecto piloto desenvolverase no Xulgado de primeira instancia nº 6 de Santiago de Compostela, especializado en dereito de familia.

Con esta iniciativa, a Xunta dá un paso máis na construción dunha administración inclusiva e accesible para toda a cidadanía. Para conseguilo, ademais do convenio asinado hoxe, ten posto en marcha outras medidas como o estudo da accesibilidade das persoas con discapacidade aos locais electorais, o acceso ao 112 para persoas con discapacidade auditiva ou a instalación de pictogramas en todas as instalacións de San Caetano. 

Leer más:  La Xunta anunciará en breve ayudas a proveedores de automoción para evitar deslocalización de pedidos: "Estamos a tiempo"

- Te recomendamos -