Inicio Galicia Xunta e Cáritas avanzan no benestar social dos ourensáns co novo centro...

Xunta e Cáritas avanzan no benestar social dos ourensáns co novo centro de atención integral ?Virgen de Covadonga?

0

O titular do departamento autonómico puxo en valor as accións que desenvolve Cáritas contra a pobreza e a exclusión a través dos centros e recursos que ten espallados por toda a xeografía galega, e que a converten nun axente social de primeiro orde

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, visitou esta tarde o novo centro de atención integral Virgen de Covadonga de Cáritas Diocesana Ourense, onde destacou o labor da entidade e do conxunto do tecido social no reforzo da rede autonómica de benestar.

Parrado puxo en valor as accións que desenvolve Cáritas contra a pobreza e a exclusión a través dos centros e recursos que ten espallados por toda a xeografía galega, e que a converten nun axente social de primeiro orde. Ademais, desde hoxe, para atallar as desigualdades e promover a inserción social e laboral das persoas en situación ou risco de vulnerabilidade, tamén contan con este novo centro.

Nesta liña, garantiu que o Goberno galego seguirá apoiando o traballo de Cáritas Ourense, como se pon de manifesto na nova achega concedida con cargo á orde de axudas a entidades para as anualidades 2017-2018, que ascende a 43.504,82 euros.

Leer más:  La Xunta inicia la fase de consulta previa para una ley de comunicación audiovisual en Galicia

Por outra banda, Arturo Parrado asegurou que a Xunta de Galicia continuará levando adiante un traballo coordinado coas entidades sociais para mellorar a situación dos fogares e persoas que máis precisan de apoio. Neste sentido, destacou que o Executivo autonómico volve aumentar en 2018 os recursos económicos que destina para diminuír a exclusión e a desigualdade ao reservar para políticas de inclusión social 115,2 millóns de euros, o que supón un 8% máis que o ano pasado.


- Te recomendamos -