Inicio Galicia Uns 32.000 estudantes de ESO e Bacharelato cursan materias de Libre Configuración...

Uns 32.000 estudantes de ESO e Bacharelato cursan materias de Libre Configuración Autonómica en Galicia

0

Este ano ofertouse por primeira vez Coeducación para o século XXI e Sociedade Inclusiva


Un total de 32.000 alumnas e alumnos están cursando actualmente algunha das 25 materias de Libre Configuración Autonómica que poden ofertar os centros escolares de ESO e Bacharelato de Galicia ao abeiro dos currículos deseñados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A Consellería ampliou en dúas materias máis a oferta deste ano con respecto ao curso pasado, polo que pon á disposición dos centros escolares un total de 14 materias distintas con 26.395 matriculados para a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e 11 materias e 5.657 matriculados para a etapa de Bacharelato.

Por materias, a máis demandada é a de Oratoria, que cursan 5.787 rapaces de 149 centros; seguida da de Promoción de estilos de vida saudables, con 5.029 matriculados en 142 centros; e Programación, que se imparte en 129 centros con 4.796 matriculados, todas elas para alumnado de 1º e 2º de ESO. Na etapa de Bacharelato, a máis demandada é a de Métodos estatísticos e numéricos (que se imparte en 2º curso) con 2.441 matrículas en 130 centros.

Leer más:  Navalia empezará el 21 de mayo en Vigo con la participación de 533 expositores y más de 1.000 marcas

No contexto do deseño de materias específicas de libre elección tanto a nivel autonómico como de centros que permite a LOMCE, a Consellería de Educación puxo en marcha por primeira vez a oferta de Materias de Libre Autonómica no curso 2015/16, daquela con dez materias que acadaron algo máis de 12.000 matriculados. A partires de aí, curso a curso, foi aumentando a oferta deste tipo de materias ata as 25 actuais.

No presente curso escolar a Consellería quixo facer fincapé nun modelo educativo que promova os valores da igualdade, a equidade e a integración desde o sistema educativo. Nesta liña enmárcase a incorporación das materias Coeducación para o século XXI (para Bacharelato) e Sociedade Inclusiva (para ESO), que responden tamén aos obxectivos do I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 e ao o VII Plan Estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020 que ten como unha das súas Areas estratéxicas a " Igualdade na Educación e nos valores" promovendo este cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos.

Leer más:  El TSXG confirma la sentencia de 13 años de prisión a un individuo por tratar de asesinar a su compañera en Vilagarcía

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

ENSINANZA


- Te recomendamos -