Inicio Galicia Un total de 25 confrarías de Galicia benefícianse das axudas para melloras...

Un total de 25 confrarías de Galicia benefícianse das axudas para melloras das condicións de traballo e seguridade

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das confrarías beneficiarias na convocatoria de 2018 das axudas para proxectos que contemplen a modernización de infraestruturas nos portos, lugares de desembarque e lonxas


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das 25 confrarías de pescadores beneficiarias na convocatoria de 2018 das axudas para proxectos que contemplen a modernización de infraestruturas nos portos, lugares de desembarque e lonxas.

Estas achegas supoñen un investimento de máis de 850.000 euros e o seu obxectivo é mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nestes espazos.

Deste xeito, a Xunta colabora na financiación da adquisición de equipamentos destinados á mellora da operatividade dos portos pesqueiros relacionados coa descarga de pesca e co movementos de cargas dentro do porto.

Concretamente, financiaranse dous guindastres eléctricos, 23 carretillas elevadoras eléctricas, catro transpaletas eléctricas e 34 manuais e seis empilladores eléctricos. O equipamento é para 25 confrarías de pescadores de Galicia, 13 delas da provincia da Coruña, dúas da de Lugo e 10 da de Pontevedra.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

As axudas enmárcanse no Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia, que inclúe aquelas intervencións precisas para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos ás embarcacións, mariñeiros/as e mariscadores/as.

Convócanse atendendo ás demandas e necesidades do propio sector e tendo en conta que os portos e lonxas deben permitir a realización das operacións de pesca e primeira venda dos produtos con criterios de seguridade. 


- Te recomendamos -