Inicio Galicia Un total de 18 empresas presentan oferta para executar as obras de...

Un total de 18 empresas presentan oferta para executar as obras de ampliación na travesía de Vilarrodís, no polígono empresarial de Sabón

0

Trátase dunha actuación de mellora da capacidade e a fluidez do tráfico neste parque do Concello de Arteixo, cun investimento estimado de máis de 1,3M€

Un total de 18 empresas presentan a súa oferta para executar as obras de ampliación da calzada nun tramo da travesía de Vilarrodís, á altura do polígono de Sabón, que permitirá incrementar a capacidade e mellorar a fluidez do tráfico no parque empresarial do Concello de Arteixo.

O orzamento estimado desta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, incluíndo as expropiacións das 5 fincas necesarias para a ampliación da capacidade neste tramo da travesía da estrada A Coruña – Cee (AC-552), supera os 1,3 millóns de euros.

A actuación ten por obxecto a ampliación da calzada na estrada autonómica AC-552, no treito entre os puntos quilométricos 9+000 e 9+650, situado á altura do Polígono de Sabón.

A actuación iniciase no punto quilométrico 8+850, antes da intersección coa rúa Teresa De Calcuta, e finaliza no 9+760, na intersección coa rúa Reconquista, antes da glorieta coa Avenida da Ponte. Os traballos consistirán na ampliación da plataforma da vía pola súa marxe dereita para dotar á estrada en sentido Fisterra dun segundo carril mais a correspondente beiravía ou zona de aparcamento.

Leer más:  El BNG propone usar los 250 millones de Altri en un 'Plan Ulloa-Ulla-Arousa' con el objetivo de "revitalizar" estas comarcas

Para mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico na intersección coa travesía da Groufa proxéctase nese cruce unha glorieta que terá un diámetro exterior 36 m.

A obra compleméntase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada, de muros para contención de terras e reducir a ocupación nas parcelas colindantes e co traslado e acondicionamento das dúas paradas de bus existentes, executando unha beirarrúa desde os puntos nos que se sitúan ata os pasos de peóns máis próximos.

Esta nova actuación enmárcase dentro das actuacións do Goberno galego a prol da mellora da seguridade viaria, que redundan na mellora da calidade de vida da cidadanía.


- Te recomendamos -