Inicio Galicia Turismo de Galicia apoia un ano máis a celebración e promoción da...

Turismo de Galicia apoia un ano máis a celebración e promoción da Festa do Corpus Christi de Ponteareas cunha achega de 40.000 euros

0

O Goberno galego continúa así respaldando accións que impulsen turisticamente a provincia de Pontevedra, ao tempo que pon en valor o patrimonio inmaterial galego


Turismo de Galicia apoiará un ano máis a celebración e promoción da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, unha das nove festas de Interese Turístico Internacional que teñen este recoñecemento en Galicia e que celebrará esta mesma fin de semana a súa tradicional noite de alfombras para a posterior procesión dominical. Este respaldo da Administración autonómica materializouse hoxe co acto de sinatura dun convenio a tres bandas entre Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca, en virtude do cal a Xunta achegará 40.000 euros para colaborar na organización.

En virtude deste acordo, apoiaranse distintas accións de loxística e promoción. Inclúense tarefas de iluminación, son e imaxe, gastos de flor e recollida de materiais para alfombristas, actividades de animación infantil, carrozas, actuacións musicais e diferentes actividades promocionais desta festa que reunirá un ano máis a milleiros de visitantes nesta localidade pontevedresa e será un importante aliciente para o resto da contorna do xeodestino Condado-A Paradanta, que botou a andar recentemente.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

A directora de Turismo de Galicia Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, puxo en valor a importancia desta festividade, cuxas alfombras florais son un referente internacional e a súa tradición é unha das máis antigas do mundo.

Destino máis internacionalNeste sentido, salientou a súa contribución para que Galicia continúe a avanzar no seu obxectivo de converterse cada vez nun destino máis internacional e recordou o compromiso da Xunta, incluído na Estratexia de turismo de Galicia 2020, por impulsar o enfoque turístico do patrimonio inmaterial, onde as festas de interese turístico ocupan un lugar central.

As celebracións do Corpus de Ponteareas son unhas das máis xenuínas de Galicia, que acolle noutros concellos sobranceiras celebracións como as desenvolvidas en Redondela, Ares e Bueu, todas declaradas de Interese Turístico de Galicia. En total, Galicia conta nestes momentos con 141 festas repartidas por todo o seu territorio que gozan dalgún tipo de interese turístico. En concreto, nove son de Interese Turístico Internacional, 12 de Interese Turístico Nacional e 120 de Interese Turístico de Galicia.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

- Te recomendamos -