Inicio Galicia Sergude acollerá mañá unha xornada sobre o manexo de porcino dirixido a...

Sergude acollerá mañá unha xornada sobre o manexo de porcino dirixido a un centenar de profesionais

0

Estas conferencias técnicas pretenden ofrecer pautas aos gandeiros e veterinarios para reducir o estrés e evitar a caudofaxia

A Consellería do Medio Rural organiza una xornada técnica dirixida ao sector do porcino de cara a evitar a caudofaxia e a práctica do raboteo, tal e como indican as recomendacións da Unión Europea en relación ao cumprimento da normativa de benestar nos porcos. Estas conferencias técnicas, que forman parte do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2018, cofinanciado co FEADER, pretenden ofrecer pautas a gandeiros e veterinarios para modificar as condicións ambientais e os sistemas de xestión para previr a caudofaxia e o estrés. Así, durante o día de mañá, mércores, de 9,00 a 14,00 horas e de 15,30 a 20,30 horas a escola de capacitación agraria de Sergude, en Boqueixón, acollerá esta acción formativa titulada “Análise de riscos e detección de puntos críticos para a prevención da caudofaxia e o raboteo en explotacións de gando porcino”. Esta oferta tivo gran éxito entre o sector e hai un centenar de persoas apuntadas. A xornada estaba dirixida a gandeiros, asociacións de criadores, agrupacións de defensa sanitaria, empresas integradoras do sector, veterinarios especialistas de porcino, inspectores veterinarios oficiais e alumnos de escolas agrarias e universidades. As charlas serán impartidas polo doutor en veterinaria, diplomado europeo en benestar animal e investigador do Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Cataluña (IRTA), Antoni Dalmau Bueno, que tamén é formador de veterinarios na Unión Europea nos cursos Better Training for Safer Food. Entre os contidos a tratar destacan, entre outros, a análise de risco da aparición de caudofaxia, a cuantificación do estado do animal mediante indicadores directos e do nivel de mordeduras, os métodos de control de parámetros medioambientais na explotación e a aplicación de medidas de prevención e control, entre outros. Os obxectivos que se perseguen coa celebración desta xornada, como parte da estratexia da consellería para formar e modernizar o sector, son actualizar os coñecementos de gandeiros, veterinarios e inspectores veterinarios oficiais para a súa adaptación aos requisitos normativos de benestar animal do gando porcino. Así mesmo, que os participantes sexan capaces de realizar un seguimento e análise dos factores de risco relacionados coa caudofaxia, que dispoñan de coñecementos necesarios para deseñar e avaliar plans de acción, diagnosticar cales serían os cambios efectivos a realizar nas condicións ambientais ou os sistemas de xestión (densidade, materiais manipulables) antes de ter que realizar o raboteo. 

Leer más:  El BNG propondrá una Ley del Vino en el Parlamento para apoyar a los productores e impulsar el sector, anuncia Pontón

- Te recomendamos -