Inicio Galicia Rosa Quintana pon en valor o labor de Galicia na defensa dos...

Rosa Quintana pon en valor o labor de Galicia na defensa dos seus intereses marítimo-pesqueiros ante a Unión Europea

0

Puxo de relevo o papel do Consello Galego de Pesca para fomentar a participación e a colaboración entre o sector e a administración ante retos como o brexit, o regulamento europeo de medidas técnicas e o futuro fondo europeo pesqueiro


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo en valor hoxe en Ribeira o labor de Galicia na defensa dos seus intereses marítimo-pesqueiros ante a Unión Europea en relación a retos como o brexit, a prohibición dos descartes, o regulamento europeo de medidas técnicas e o futuro fondo europeo marítimo e de pesca. Fíxoo durante o debate Futuro de Europa, enmarcado na campaña da Comisión Europea Fala de Europa na túa cidade.

Durante o encontro, Rosa Quintana puxo de relevo o papel do Consello Galego de Pesca para fomentar o diálogo, a participación e a colaboración entre o sector e a administración. Neste sentido, destacou que desde o 2016 se crearon no seu seo cinco grupos de traballo co propósito de analizar distintos temas, entre eles o brexit e as propostas de regulamentos europeos de medidas técnicas e de control.

En relación ao brexit, a conselleira lembrou que Galicia trazou unha folla de ruta para traballar en diferentes vías. Así, a Xunta encargou dous informes para avaliar as consecuencias sociais e económicas do brexit para a pesca galega. Un destes informes é Opinión xurídica sobre a retirada do Reino Unido da UE e as súas posibles consecuencias para o sector pesqueiro de Galicia, elaborado polo Instituto Universitario de Estudos Europeos Salvador de Madariaga, da Universidade da Coruña e o outro Impacto económico na pesca galega do brexit, elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais Galicia traballa na busca de aliados noutros estados membros na defensa de intereses comúns. Un exemplo deste traballo é a xornada celebrada en febreiro en Santiago, unha iniciativa conxunta do Goberno central, da Xunta e da European Fisheries Alliance.

Leer más:  La venta de casas en Galicia disminuye un 1,7% en marzo

En canto á prohibición dos descartes de pesca que establece a UE, Rosa Quintana destacou que tamén se encargou un informe á Universidade de Santiago de Compostela sobre o impacto socioeconómico desta medida para a frota galega. Este documento sinala as posibles afeccións desta normativa en varios ámbitos, coma o emprego necesario para atender esta nova obriga, o sobrepasamento da capacidade da bodega e a conseguinte necesidade de adiantar a volta a porto ou no maior consumo de envases para o peixe e outros gastos derivados.

Outro dos asuntos dos que Galicia é partícipe e que expuxo a conselleira é a negociación do futuro regulamento de medidas técnicas que abarca a definición de todos os aparellos de pesca, mallas, regulación de profundidades e tamaños mínimos das especies, entre outras cuestións. O relator do ditame na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo sobre a modificación desta normativa é Gabriel Mato e nel inclúense a maioría das consideracións do sector galego, recollidas en agosto de 2016 nunha reunión do pleno do Consello Galego de Pesca, á que tamén asistiu Gabriel Mato.

Leer más:  Este verano, el grupo británico UB40 actuará en el auditorio de Castrelos de Vigo

O futuro fondo europeo pesqueiro despois de 2020 é outro dos retos aos que fixo referencia a conselleira e sobre o que Galicia seguirá dando a batalla. Así o demostra, expuxo a conselleira, liderando o ditame sobre o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca despois de 2020, co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo á cabeza e por encargo do Comité Europeo das Rexións (CdR).

Este documento foi aprobado por unanimidade en maio polo CdR e nel Galicia defende un futuro fondo de financiamento pesqueiro que dea continuidade ao actual Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que mellore a aposta pola economía mariña e polo emprego e que estea centrado na importancia da actividade pesqueira e en conservar o seu carácter tradicional. Tamén un fondo que leve aparellada a simplificación administrativa, entre outros aspectos.

O debateO debate Futuro de Europa está enmarcado na campaña da Comisión Europea Fala de Europa na túa cidade. Desta campaña tamén forma parte a iniciativa Café con Europa, un espazo de conversa sobre Europa dedicado á xuventude que tamén se celebrou esta mañá en Ribeira e no que tamén participou a conselleira do Mar. Café con Europa inclúe a visita por 30 localidades españolas co obxectivo de dar a coñecer as liñas de traballo que se desenvolven desde a Unión Europea e como estas afectan á vida dos cidadáns.

Leer más:  Termina sin acuerdo la reunión entre personal de ambulancias de Vigo y Consellería

- Te recomendamos -