Inicio Galicia Rosa Quintana pon en valor o labor da confraría de pescadores e...

Rosa Quintana pon en valor o labor da confraría de pescadores e do Club de Piragüismo de Portonovo na promoción do selo de calidade PescadeRías

0

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o traballo da Confraría de Pescadores e do Club de Piragüismo de Portonovo na difusión do selo de calidade pescadeRías a través da primeira edición da Festa da Empanada Mariñeira de produto pescadeRías, que se celebra esta fin de semana en Portonovo, no concello de Sanxenxo. Durante a inauguración deste evento, a titular de Mar, destacou especialmente o labor do patrón maior en funcións da confraría, José Antonio Gómez, un home comprometido coa súa xente e co conxunto do sector e un traballador incansable que aposta polo produto do mar de Galicia, sinalou.

En canto á festa, Rosa Quintana subliñou o seu papel para enxalzar a ampla variedade de produtos do mar do selo pescadeRías, elixidos para elaborar as empanadas; entre eles, polbo, mexillón, berberecho, xouba, xarda, choco e algas. Un evento, engadiu, no que se fusiona a gastronomía, o deporte e a cultura mariñeira. Ademais a festa serve para render homenaxe a José Antonio Gómez, que anunciaba hai semanas a súa renuncia a continuar tanto como mandatario do pósito portonovés coma na presidencia da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra. 

Leer más:  Rueda espera un resultado "esclarecedor" en Cataluña y se alegra de la "estabilidad" que tiene Galicia

- Te recomendamos -