Inicio Galicia Román Rodríguez salienta a presenza histórica de Galicia na Feira Internacional do...

Román Rodríguez salienta a presenza histórica de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

0

O conselleiro de Cultura e Educación visitou o expositor galego na FILBA e reuniuse co seu director, Oche Califa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitaron onte o expositor de Galicia na 44ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires (FILBA), onde mantiveron un encontro cos artistas que conforman a delegación galega nesta cita, como Luís González Tosar, Xabier Quiroga, María Lado, Deborah García Lado e Lucía Aldao.

Durante a visita o conselleiro salientou a FILBA como unha das meirandes citas do mundo neste eido e lembrou que Galicia conta historicamente cunha destacada presenza nesta feira, que foi especialmente salientable no ano 2016, cando Santiago de Compostela foi cidade convidada de honra da FILBA.

Este ano a representación galega repítese cun stand propio de 32 metros cadrados de superficie, no que a Xunta exhibe máis de cen novidades editoriais de autores, ás que se engaden diversas publicacións promovidas polo Goberno galego como o catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2018, coeditado coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio da Asociación Galega de Editoras. Así mesmo, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración tamén participa no stand con diferentes catálogos para dar a coñecer o traballo dos profesionais galego neste sector.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

Tras a súa visita ao stand galego, o conselleiro mantivo un encontro de traballo co director da Fundación El Libro e da FILBA, Oche Califa.

Intensa actividadeA partires de hoxe e ata o próximo Martes Galicia desenvolverá unha intensa actividade no FIL, que se iniciará esta tarde co relatorio Eduardo Blanco Amor en Bos Aires, 90 anos despois, impartida por Luís González Tosar. Ademais, o próximo domingo Xabier Quiroga abondará na pegada nazi en Galicia no seu camiño a Arxentina e o luns Deborah García Bello ofrecerá a conferencia A ciencia de entender a arte contemporánea.

Todos os relatorios desenvolveranse na sala Alejandro Pizarnik, mesmo espazo onde ALDAOLADO ofrecerá dous espectáculos, baixo o título de Ninguén é poeta na súa terra e Café ALDAOLADO.

As presentacións de libros desenvolveranse, como é habitual, no stand de Galicia. O sábado será a quenda de Todo é cuestión de Química, de Deborah García Bello; de Izan o da saca, de Xabier Quiroga; e de Amantes, de María Lado; mentres que o martes se presentará Que se lle van as vitaminas!, de Deborah García Bello.

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

- Te recomendamos -