Inicio Galicia Román Rodríguez participa na presentación do libro homenaxe ao catedrático de Xeografía...

Román Rodríguez participa na presentación do libro homenaxe ao catedrático de Xeografía Física Augusto Pérez Alberti

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación do libro Xeomorfoloxía e paisaxes xeográficas. Catro décadas de investigación e ensino. Homenaxe a Augusto Pérez Alberti.

Con motivo da xubilación do Catedrático de Xeografía Física, máis de 50 compañeiros, colaboradores e amigos enchen as páxinas desta publicación coas principais disciplinas e liñas de investigación do profesor. O conselleiro definiu a Alberti como “un mestre que é unha institución no eido da Xeografía a nivel internacional e que dedicou 40 anos á investigación e ao ensino, un labor polo que sempre lle estaremos agradecidos”.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

- Te recomendamos -