Inicio Galicia Román Rodríguez destaca a contribución de Antonio Faílde á construción da identidade...

Román Rodríguez destaca a contribución de Antonio Faílde á construción da identidade cultural galega

0


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou hoxe a contribución do escultor ourensán Antonio Faílde á construción da identidade cultural de Galicia. No marco da presentación do libro Antonio Faílde. O escultor que escoitou a música das pedras, o titular do departamento de Cultura da Xunta explicou que o artista foi “unha ponte que entroncou a tradición artesanal galegas coas artes plásticas contemporáneas”, ademais dun innovador e “transgresor dos cánones creativos”, o que o convertiu nun dos mellores escultores do seu tempo.

Román Rodríguez quixo agradecer o traballo desenvolvido arredor deste libro tanto polo director da Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense (que leva o nome de Faílde), César Taboada, como por Javier Limia e Nani Moretón. Ademais, quixo destacar a calidade da EASD, que vén de quedar finalista nos premios da Confederación Estatal de Escuelas de Artes Plásticas y Diseño, e das ensinanzas de artes en xeral en Galicia. 

Leer más:  El Sergas ha sido condenado a pagar 300.000 euros a una paciente que quedó en silla de ruedas después de una cirugía en Ourense

- Te recomendamos -