Inicio Galicia Preto de 40 normas da Xunta pasaron polo trámite de consulta pública...

Preto de 40 normas da Xunta pasaron polo trámite de consulta pública previa durante o último ano

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, explicou hoxe no Parlamento que a través deste procedemento a cidadanía pode facer achegas antes da elaboración de textos lexislativos e regulamentos

Preto de 40 normas xa foron sometidas ao trámite de consulta pública previa desde que este procedemento se puxo en marcha hai un ano. O obxectivo desta iniciativa, que permite facer achegas antes da elaboración dos textos legais, é facilitar a participación da cidadanía e incrementar a transparencia.

Así o explicou hoxe a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, nunha pregunta parlamentaria, onde destacou que esta iniciativa dota dun gran valor engadido ao proceso de toma de decisións ao permitir a participación da cidadanía e dos colectivos afectados.

As consultas centralízanse no Portal de Transparencia, onde cada procedemento vai acompañado de información sobre os problemas que se pretenden solucionar coa norma, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os seus obxectivos e as posibles solucións alternativas. A partir de aí, os interesados poden presentar a súas achegas a través dun formulario web.

Leer más:  David Trueba, María Vázquez y The Rapants participarán en la XXI edición del Festival de Cans, que contará con 35 estrenos este año

Cómpre recordar que, ademais desta consulta previa, existe tamén a posibilidade de realizar achegas ás normas nas fases posteriores de audiencia e información pública, de xeito que se promove a participación dos galegos ao longo de todo o ciclo de produción normativa.


- Te recomendamos -