Inicio Galicia Pomar visita os centros de investigación da USC, onde traballan científicos de...

Pomar visita os centros de investigación da USC, onde traballan científicos de alto nivel co apoio da Xunta

0

A conselleira de Educación, acompañada do reitor da USC, Antonio López, coñeceu de primeira man o labor desenvolvido no CiQUS, no CiMUS, no CiTIUS e no IGFAE

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, visitaron esta mañá os tres Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acreditados, onde desenvolven o seu labor algúns dos científicos máis excelentes do Sistema Universitario Galego (SUG) co apoio do Goberno da Xunta.

A titular de Educación coñeceu de preto o traballo desenvolvido no CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química biolóxica e Materiais Moleculares), no CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) e no CiTIUS (Agrupación Estratéxica Consolidada Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información). Tamén se desprazaron ao IGFAE (Instituto Galego de Física de Atlas Enerxías).

A conselleira Carmen Pomar reafirmou o compromiso do seu departamento coa investigación universitaria mediante o apoio financeiro estable a medio e longo prazo a grupos de investigación e a estruturas supragrupais, e á formación e retención do talento (contratos predoutorais, posdoutorais e de estabilización). A titular de Educación subliñou o importante traballo que están desenvolvendo os equipos científicos destes centros, que son un dos principais motores da I+D+i en Galicia, e, sobre todo, que as súas investigacións se traducen en transferencia de coñecemento que beneficia ao conxunto da sociedade.

Leer más:  Una niña de nueve años fue rescatada de un acantilado a diez metros de altura en la playa de As Catedrais (Lugo)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reafirma o seu compromiso coa investigación máis excelente do SUG a través de distintas liñas de axuda para estes centros, así como para os científicos. No período 2016-2019, a Consellería destina un total de 6,72 millóns de euros en concepto de axudas ao CiQUS, CiMUS e CiTIUS, aos que hai que engadir outros 0,5 millóns de euros para o IGFAE, todos eles en Santiago de Compostela.

O obxectivo é manter un apoio financeiro tanto a medio como a longo prazo para que se poidan consolidar as liñas de investigación en marcha e abrir outras novas, dentro do impulso á investigación de excelencia desenvolvida desde as propias universidades.

Actualmente en Galicia hai recoñecidos cinco centros singulares (CiTIC na UDC; CiMUS, e CiQUS na USC; ECIMAT e CIMBIO na UVigo) e dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (CiTIUS da USC e AtlanTIC da UVigo), que representan as estruturas de investigación máis excelentes do Sistema Universitario Galego, para os cales a Consellería mobiliza un orzamento de 13 millóns de euros ata 2019.

Leer más:  Acepta dos años de cárcel y el pago de 120.000 euros por dar una brutal paliza a otro joven en Nigrán en 2020

- Te recomendamos -