Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o centro ocupacional de Arcea-Adames e reitera o compromiso...

Ovidio Rodeiro visita o centro ocupacional de Arcea-Adames e reitera o compromiso da Xunta coas familias de discapacitados

0

A Administración autonómica destina anualmente 57.000 euros ao concerto de 11 prazas neste centro ocupacional de Santiago, con capacidade para 14 usuarios e usuarias.


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o centro ocupacional da asociación Arcea-Adames, onde tivo a oportunidade de coñecer a labor que desenrola este centro e os ámbitos laborais nos que traballa. As persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social son un colectivo prioritario para o Goberno galego.

Proba diso é que na comarca de Santiago a Xunta de Galicia oferta 304 prazas públicas concertadas de discapacitados cunha inversión mensual de 237.000 aos que hai que engadir outros 15.700 euros para ofrecer cobertura de transporte a estes centros.

No ámbito galego, o compromiso do Goberno galego na atención á discapacidade ponse de manifesto no incremento nun 8,6% da partida económica destinada a este fin nos orzamentos de 2018 ata acadar os 102,8 millóns de euros.

Desde o ano 2003, a asociación Arcea-Adames traballa na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Conta cun centro ocupacional, desde o ano 2006, que ten autorizadas 14 prazas, con 12 usuarios actualmente. O contrato de concerto coa Xunta de Galicia é de 11 prazas. Este centro ten como obxectivo dar unha ocupación, promovendo o desenvolvemento persoal e social dos usuarios con discapacidade intelectual para potenciar ao máximo o desenvolvemento das súas capacidades e habilidades, tanto para a vida cotiá como para o traballo. Entre os efectivos do centro contan cunha psicóloga e unha logopeda.

Leer más:  María Rey de APM solicita realizar un "ejercicio de autocrítica" y destaca la importancia de la credibilidad en el periodismo

En concreto, no centro ocupacional xeran condicións laborais para a incorporación das persoas con discapacidade intelectual a un posto de traballo nunha empresa ordinaria ou para acceder a un centro especial de emprego, levando a cabo cantas accións sexan adecuadas para ofrecer produtos e servizos competentes e de calidade dentro do mercado aberto nun marco de economía social. Ademais, funciona como un recurso permanente para aquelas persoas que non poden acceder a outro tipo de emprego. O obxectivo deste centro é lograr que os seus usuarios sexan o máis autónomos posibles a través de actividades orientadas ao autocoidado, saúde e seguridade, habilidades no fogar e sociais e de comunicación.

Deste xeito, as persoas adscritas a este centro, realizan tarefas de montaxe de pezas e armado de kits. Ademais, realizan saídas con fins didácticos e de lecer. 


- Te recomendamos -