Inicio Galicia Ovidio Rodeiro inaugura en Ribeira a exposición 'De-Constitución: Crónica política do último...

Ovidio Rodeiro inaugura en Ribeira a exposición 'De-Constitución: Crónica política do último século en España'

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que os visitantes poderán gozar de medio cento de xornais históricos, varias revistas e fotografías que repasan a historia política de España ao longo do último século


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña. Ovidio Rodeiro, participou na inauguración da exposición “De-Constitución: Crónica política do último século en España”, acompañado polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas. No acto tamén estiveron presentes o coordinador do Museo Municipal, Miguel Ángel Vidal Lojo e o xornalista que cedeu os xornais expostos, Suso Souto.

O delegado territorial destacou na súa intervención que “os visitantes poderán gozar de medio cento de xornais históricos, varias revistas e fotografías que repasan a historia política de España ao longo do último século: o reinado de Alfonso XIII, a ditadura de Primo de Rivera, a Segunda República, a Guerra Civil, a ditadura franquista, a transición e a consolidación da democracia”.

Esta documentación se complementa con información audiovisual, que repasa a través de 47 microvídeos os principais momentos históricos da política española no último século ata chegar aos nosos días. Nestes documentos gráficos podemos lembrar momentos como a voda de Alfonso XIII; o asasinato de Canalejas, a guerra civil española, o primeiro NODO do ano 1943, a primeira emisión de TVE ata a actualidade coa coroación do Rei Felipe VI.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

O responsable da delegación territorial da Coruña salientou que “Suso Souto, propietario desta colección era un gran curioso, no sentido máis positivo da palabra. Isto levouno a gardar aqueles xornais de varias décadas que foron quedando almacenados, e que permitían que o pequeno Suso manchara as súas mans de tinta negra, mentres deixaba voar a súa imaxinación a outras épocas e outros lugares coa lectura das súas noticias”.

Ademais, Ovidio Rodeiro lembrou que “ese foi o inicio dunha colección que, tras varias adquisicións posteriores, conta hoxe con máis de 1.000 exemplares, algúns deles mesmo do século XIX, que foi exposta en moitos lugares de España e que mesmo viaxou aos Estados Unidos”Para o delegado territorial, “nin a temática nin tampouco a data de inauguración desta exposición é casual. Mañá celebramos o cuadraxésimo aniversario da Constitución Española. Unha Carta Marga que nos trouxo corenta anos de democracia, de convivencia e de paz. O tempo máis longo da historia de España”. “Por iso – engadiu- fan falta iniciativas, como esta exposición, que nos axuden a difundir ese mesmo espírito de orgullo polo pasado recente e de esperanza nun futuro común xuntos”.

Leer más:  El socialismo gallego se une para apoyar a Sánchez ante el "acoso": "Los demócratas debemos unirnos y actuar"

- Te recomendamos -