Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que os novos convenios da Consellería de Cultura e...

Ovidio Rodeiro destaca que os novos convenios da Consellería de Cultura e Turismo para a mellora da accesibilidade e sinalización deixarán na comarca da Coruña 82.000 euros

0

Este ano, ampliáronse os conceptos subvencionables, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural, xa declarados ou en proceso de selo e iniciativas de posta en valor turístico

A Coruña, 16 de outubro de 2018.- A Consellería de Cultura e Turismo investirá este ano 82.000 euros na comarca da Coruña ao abeiro dos novos convenios da Consellería de Cultura e Turismo que teñen como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Na comarca da Coruña un dos proxectos máis relevantes será a mellora da infraestrutura turística da área de servizo para autocaravanas en Betanzos cun orzamento de 45.000 euros.

Ademais, levarase a cabo a iluminación ornamental e posta en valor da Igrexa de Santa Cruz en Oleiro cunha inversión de case 26.000 euros e tamén a sinalización da ruta de senderismo do Paderne cunha previsión de máis de 11.400 euros.

Leer más:  Santiago recibe a su peregrino número 100.000 de forma más temprana en la historia: una mujer peruana residente en Florida

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

A esta nova inversión que se fará nesta área, a través destes convenios, hai que engadirlle os case 97.000 euros que recibe esta comarca ao abeiro da liña de axudas para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas a través das cales se realizarán actuacións en Mesía, Miño, Sobrado, Vilasantar e Consorcio das Mariñas.

A través destas dúas liñas de colaboración cos concellos a Consellería de Cultura e Turismo investirá 179.000 euros na área da Coruña. INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS A CORUÑA


- Te recomendamos -