Inicio Galicia Ovidio Rodeiro clausura o Foro Galis sobre alimentación animal dentro dos actos...

Ovidio Rodeiro clausura o Foro Galis sobre alimentación animal dentro dos actos do 40 aniversario de AGAFAC

0

O delegado territorial destacou que Galicia conta cun sector, punteiro dos máis importantes de España, que xera 1.500 empregos directos e supón un volume de negocio de 1.200 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de clausurar o Foro Galis 2018, organizado dentro dos actos do 40 Aniversario de AGAFAC (Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compuestos) nos que participaron máis de un centenar de asociados e representantes do sector da alimentación animal en Galicia.

Na súa intervención o representante do goberno autonómico destacou que “no referido á elaboración de pensos compostos para a alimentación animal, Galicia conta cun sector punteiro que está entre os máis importantes de toda España, cunha produción de preto de tres millóns de toneladas, no 2017, que xeran máis de 1.500 empregos directos e que supón case o 2% do produto interior bruto, grazas a un volume de negocio de 1.200 millóns de euros”.

Nesta mesma liña, apuntou que este sector na nosa comunidade “non podería chegar a este nivel de excelencia sen a continua modernización da produción e a permanente investigación, que dan como resultado uns produtos de gran calidade e competitividade”. Así mesmo, puxo en valor outra das características que explican o gran nivel das industrias galegas que é a unión como sector, que este ano celebra o seu 40 aniversario e na actualidade agrupa a 26 empresas que producen máis do 85% da produción galega”.

Leer más:  Besteiro advierte sobre el "descontrol" que el Consello de Contas "identifica" en la contabilidad del Sergas

Ovidio Rodeiro se referiu tamén a estreita colaboración da Xunta de Galicia con este colectivo cun obxectivo común o de obter pensos e alimentos seguros. “No marco de esta colaboración –engadiu- encádrase o convenio para a recollida de datos estatísticos no sector do penso en Galicia no que Xunta e AGAFAC poñen en común os resultados analíticos das mostraxes oficiais dos produtos”Ademais, informou que “neste momento estamos traballando na elaboración dun Estudo conxunto sobre a Alimentación Animal en Galicia, que se está redactando entre a administración autonómica e o sector e que cando se remate servirá, sen dúbida, como folla de ruta que nos permitirá orientar o futuro desta industria”.

Finalmente, sinalou que “dentro da colaboración leal e permanente entre a Xunta de Galicia e AGAFAC hai que lembrar o funcionamento do sistema GALIS de control sectorial de pensos compostos, o máis avanzado de España e que sitúa ao sector galego á vangarda no campo da seguridade alimentaria”. Neste sistema de autocontrol do propio sector participan un total de 55 fábricas, que representan aproximadamente o 94% da produción galega e ten como máximo obxectivo obter pensos e alimentos seguros e de calidade a través, moitas veces, de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación.

Leer más:  El Sergas aclara que Contas da "recomendaciones" y asegura que el presupuesto aumenta al incluir "nuevas medicaciones"

O delegado territorial lembrou, na súa intervención, que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse a esta lexislatura como a lexislatura do rural en Galicia, xa que este sector disporá no 2019 dun orzamento de máis de 500 millóns de euros, o que representa un incremento dun 4,15% con respecto ao pasado exercicio. En total, as contas para o vindeiro ano da consellería de Medio Rural ascenden a 516.038.579 euros, 20,5 millóns máis que no presuposto de 2018.


- Te recomendamos -