Inicio Galicia Os patróns e vicepatróns das confrarías de pescadores da provincia da Coruña...

Os patróns e vicepatróns das confrarías de pescadores da provincia da Coruña elixen mañá os órganos de goberno da Federación Provincial

0

A federación provincial celebrará o primeiro pleno da súa xunta xeral e nel escollerase o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo

Os 35 patróns maiores e outros tantos vicepatróns maiores das confrarías de pescadores da provincia da Coruña están chamados a elixir mañá sábado, 3 de novembro, os órganos de goberno da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña. No caso das federacións provinciais de pescadores de Lugo e Pontevedra, os comicios serán o vindeiro sábado 9 de novembro.

Así, a Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña celebrará mañá o primeiro pleno da súa xunta xeral e neste acto serán elixidos o presidente, vicepresidentes 1º e 2º e os membros do comité executivo, de conformidade coa regulación contida nos seus estatutos.

Os diferentes candidatos presentarán, no mesmo acto, as súas candidaturas ao pleno da xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas a totalidade das candidaturas, iniciarase o proceso de votación, que será único, persoal, directo e segredo.

O candidato con maior número de votos será proclamado presidente da federación provincial. Nunha nova votación elixiranse os vicepresidentes 1º e 2º e nunha terceira votación escolleranse os representantes no comité executivo da federación provincial. Por último, elixiranse os tres vogais que representarán á federación provincial no comité executivo da Federación Galega de Confrarías, sempre respectando a paridade entre os colectivos de traballadores e empresarios.

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva donde Carmela Silva sigue como presidenta

A continuación, e segundo o calendario do proceso electoral nas federacións provincias e na Federación Galega, iniciarase o preceptivo proceso de proclamación dos órganos reitores das federacións e a súa toma de posesión. Nun prazo máximo dos dez días seguintes á designación dos vogais do comité executivo, a secretaria da Federación Galega de Confrarías de Pescadores convocará a xunta xeral. Nesta convocatoria procederase á elección do/a presidente/a da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Unha vez completados os correspondentes prazos de presentación e resolución de recursos, será a toma de posesión dos órganos de goberno nos seus cargos.

Non obstante, está previsto que o vindeiro 24 de novembro a Federación Galega de Confrarías celebre o pleno no que se procederá á elección dos seus órganos de goberno e que tomen posesión dos seus cargos o vindeiro 5 de decembro.


- Te recomendamos -