Inicio Galicia Os coruñeses reciclaron 3.588 toneladas de vidro en 2017, un 1,5% máis...

Os coruñeses reciclaron 3.588 toneladas de vidro en 2017, un 1,5% máis que no ano anterior sendo a cidade galega máis recicladora

0

O delegado territorial destacou que a provincia da Coruña lidera o ranking de reciclaxe con 19.503 toneladas, un 3,1% máis que en 2016

Ao longo do 2017 a cidade da Coruña reciclou 3.588 toneladas de vidro, un 1,5 % máis que no ano 2016. Deste xeito, sitúase como a primeira cidade máis recicladora de Galicia. Cada coruñés depositou nos contedores de vidro 14,6 quilos por habitante.

Así o asegurou está mañá o delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, que apuntou que no ranking de provincias, A Coruña tamén se sitúa como líder das catro provincias galegas chegando a reciclar 19.503 toneladas de vidro, un 3,1% máis que en 2016. Cada cidadá depositou no contedor verde 17,1 quilos por habitante.

Ovidio Rodeiro destacou que “estes datos poñen en evidencia que o esforzo da poboación á hora de reciclar é froito da maior concienciación cidadá sobre os beneficios que supón para o medio ambiente reciclar”. De feito, co obxectivo de falicitar a colaboración cidadá, ao longo do pasado ano incrementouse o número de colectores na cidade da Coruña en 10, pasando de 618 a 628. No caso da provincia, esta cifra aumenta pasando de 5.999 en 2016 a 6.206 en 2017, 207 contedores máis o que nos sitúa tamén á cabeza en oferta de contenerización en Galicia.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

O delegado territorial recalcou que “este esforzo é sen dúbida unha das moitas claves que hai na loita contra o cambio climático. Así mesmo, apuntou “a importancia das campañas de sensibilización impulsadas pola Xunta de Galicia en colaboración con Ecovidrio para poñer en valor a aquelas persoas que reciclan e para conseguir que a xente sexa cada día más sensible á hora de reciclar”.

O delegado territorial sinalou que “o esforzo realizado polos galegos que reciclaron en total 43.000 toneladas de vidro, 2.248 toneladas máis que en 2016, evitou a emisión de máis de 30.000 toneladas de CO2, o que equivalería a retirar case 7.500 coches das estradas ao longo dun ano e evitar a extracción de case 55.000 toneladas de materias primas da natureza, equivalentes a cinco veces o peso da Torre Eiffel”.


- Te recomendamos -