Inicio Galicia ?Os Bolechas e o amigo Monte? visitan Corcubión e Cabana de Bergantiños...

?Os Bolechas e o amigo Monte? visitan Corcubión e Cabana de Bergantiños na fin de semana

0

Pola mañá poderá gozarse do novo espectáculo de sensibilización lingüística e ambiental o domingo, na Casa da Cultura de Corcubión, e, pola tarde, no Auditorio Municipal cabanés

Os Bolechas e o amigo Monte, a nova proposta da familia animada máis famosa de Galicia para este verán, chegará este domingo aos concellos de Corcubión e de Cabana de Bergantiños. Pola mañá, poderá gozarse ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión (en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Fisterra); pola tarde, a cita é no Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños. Coma sempre no FalaRedes, o programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta, a entrada e libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados.

Os Bolechas daranse cita coa cativada de 3 a 9 anos e coas súas familias durante o verán e chegarán nas vindeiras semanas a Teo, Lousame, A Coruña, Ramirás, Baiona, Vilaboa, Barreiros, Mondoñedo, Cangas, Chantada, Portas, Ferrol, Frades, Bande, Oímbra e Arzúa, todas elas adscritas á RDL.

Leer más:  Este mes el Gobierno designará al nuevo encargado de la Agencia de Supervisión de Inteligencia Artificial

Sensibilización ambiental en 21 concellos da RDLUn ano máis, a divertida familia Bolechas, todo un referente galegofalante para os nenos e nenas, percorre Galicia da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo que promove a participación dos nenos e nenas na nosa lingua cunha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora.

Para que a actividade de dinamización lingüística teña continuidade máis alá do día do espectáculo, os asistentes a el obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal/amigomonte/, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas…) e poderán participar en sorteos de lotes de libros. Toda a información e calendario de funcións no enlace www.lingua.gal/bolechas-amigo-monte e na Axenda de Cultura de Galicia.

Leer más:  La Xunta afirma que el impacto del fallo del TC sobre construcciones ilegales en la costa será "mínimo"

Dinamizando en redeFalaRedes é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a RDL, que conta xa con preto de 190 entidades locais adheridas. Neste ano 2018, FalaRedes chega á súa sétima edición cos obxectivos de ampliar a oferta de ocio na nosa lingua e dotar os concellos de actividade en galego, de promover o seu uso e valoración social e de apoiar os artistas que desenvolven a súa creatividade na lingua propia de Galicia.

Catro edicións anteriores do programa FalaRedes acolleron os espectáculos Os Bolechas na máquina do tempo, Os Bolechas e o sabichón, Os Bolechas van ás olimpíadas e De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas. Toda a información sobre as actividades de FalaRedes deste ano poden verse no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.


- Te recomendamos -