Inicio Galicia Os bateeiros acadaron o ano pasado a cifra máis alta de descargas...

Os bateeiros acadaron o ano pasado a cifra máis alta de descargas e de facturación da última década

0

Rosa Quintana trasladou que no 2017 os mexilloeiros desembarcaron 267.000 toneladas en lonxa e facturaron arredor de 122 millóns de euros, unhas cifras que aumentaron un 11% con respecto ás do ano 2016

Os bateeiros acadaron no ano 2017 a cifra máis alta de descargas e de facturación da última década. Así o trasladou esta mañá en Vilagarcía a conselleira do Mar, Rosa Quintana, na inauguración da xornada O valor do mexillón en Galicia e os seus retos futuros.

Neste sentido, a titular de Mar trasladou que no 2017 os mexilloeiros desembarcaron 267.000 toneladas en lonxa e facturaron arredor de 122 millóns de euros, unhas cifras, expuxo, que aumentaron un 11% tanto en cantidade descargada como en valor económico con respecto ás do ano 2016.

A conselleira subliñou que o protagonismo do mexillón tamén se reflicte nas axudas a este sector. Neste sentido, lembrou que no 2017, ao igual que en exercicios anteriores, o sector bateeiro foi o maior beneficiario das axudas para investimentos produtivos en acuicultura. De feito, o ano pasado o 75% destas subvencións foron para o sector mitilicultor, máis de dous millóns de euros. Así, sinalou que “debemos apoiar o potencial do mexillón como máximo expoñente da acuicultura en Galicia”, xa que supón máis do 95% da produción total da acuicultura. Ao tempo, aproveitou para recordar que este ano a Xunta puxo a disposición dos bateeiros, confrarías e acuicultores subvencións por valor de case 19 millóns de euros e a elas presentáronse 93 proxectos.

Leer más:  Policía vigilaba a Santórum y su entorno desde 9 meses antes del abordaje del buque Karar con 3,8 toneladas de cocaína

Ademais, Rosa Quintana destacou que o ano 2017 non obtivo os mellores datos tan só para o mexillón, xa que os acadou tamén a acuicultura en xeral. Este eido, explicou, conseguiu as mellores cifras en descargas e facturación desde o 2009, acadando un incremento dun 20% na facturación –que se achegou aos 208 millóns de euros- e de máis dun 15% en volume de produción –que rozou as 279.000 toneladas-. As cifras económicas da acuicultura galega, explicou Rosa Quintana, tamén reflicten incrementos en relación ao ano 2016, sendo a subida de máis 11% no volume de produción e de máis dun 8% na facturación.

Na liña de seguir recollendo datos positivos, Rosa Quintana animou ao sector a seguir traballando como ata o de agora, da man da Xunta, coa premisa común de “mellorar a calidade do produto e incrementar o seu valor”. Neste sentido fixo especial fincapé na aposta pola marcas de calidade como sinónimo de garantía para os consumidores e de defensa do complexo da industria do mexillón de Galicia. Neste punto, recordou o deber da Denominación de Orixe do Mexillón de Galicia, de contribuír á integración de todos os destinos do mexillón e na adecuación entre a oferta e a demanda nos mercados locais, nacionais e internacionais, finalizou.

Leer más:  Herido un camionero en A Pastoriza (Lugo) al volcar el vehículo que conducía

- Te recomendamos -