Inicio Galicia O Servizo de Gardacostas renova parte da frota vehículos para labores...

O Servizo de Gardacostas renova parte da frota vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo

0


O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, renova parte da frota de vehículos para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, recepcionou hoxe cinco turismos en Santiago de Compostela.

A estes cinco coches recepcionados hoxe sumaranse nos vindeiros días outros dous e serán distribuídos entre as unidades operativas que o Servizo de Gardacostas ten polo litoral de Galicia e os servizos centrais. Esta renovación complementa á realizada en xaneiro deste ano, na que se renovaron dez vehículos do servizo.

Leer más:  La Xunta solicita al Gobierno que "complete las lagunas" de la normativa estatal sobre obras ilegales en la costa

- Te recomendamos -