Inicio Galicia O obradoiro de emprego Porriño Social forma a 16 mozos menores de...

O obradoiro de emprego Porriño Social forma a 16 mozos menores de 30 anos en atención sociosanitaria a persoas con dependencia

0

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe ao alumnado e animouno a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda para acceder a un traballo”


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata o edificio multiusos do Porriño para felicitar ao alumnado que participa no Porriño Social, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello. O representante autonómico puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica cunha nova programación de obradoiros, 105 na convocatoria 2018-2019, que busca impulsar a empregabilidade de 2000 persoas en Galicia, incrementando nun 25% os fondos destinados a este programa. Tamén acudiu ao acto o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

López-Chaves, quen animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo”, fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego con 135 millóns de inversión en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”. Así, subliñou que dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo.

En concreto, son beneficiarios desta iniciativa xunto con Porriño (Porriño Social), Vigo (Formaweb e Maiv-Garantía Xuvenil), Mos (Mocidade II), Redondela (Redempreg@) e Moaña (Moaña Moza). O número de alumnos é dun máximo de 16 e a duración da formación e emprego de 6 meses. A Xunta destina a estes obradoiros máis dun millón de euros.

Respecto ao Porriño Social, a Administración autonómica destina a este taller, no que se formarán 16 alumnos en atención sociosanitaria a persoas con dependencia no domicilio e institucións, máis de 154.000 euros.

Obradoiros duaisAsemade, o delegado da Xunta apuntou aos máis de 2 millóns de euros que a Consellería de Economía Emprego e Industria destina aos obradoiros duais na área territorial, neste caso en colaboración cos concellos de Vigo, Gondomar, Baiona, Nigrán, Redondela, Mos, Soutomaior, Pazos de Borbén, Cangas e Moaña. Unha oportunidade, afirmou, para que os seus 140 beneficiarios vexan incrementadas as oportunidades laborais. En total puxéronse en marcha 7 obradoiros duais a través dos que o alumnado conta cun período de formación de nove meses e a posibilidade, segundo sexa o caso, de contar cun contrato laboral posterior de alomenos outros 3 meses.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

- Te recomendamos -