Inicio Galicia O Museo do Mar de Galicia abre as portas da exposición ?A...

O Museo do Mar de Galicia abre as portas da exposición ?A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio?

0

A mostra ofrece unha selección de 50 imaxes presentadas ao I Concurso de Fotografía Museo Masó

O Museo do Mar de Galicia abriu hoxe as portas da súa nova exposición temporal, A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio, que ofrece un percorrido por este patrimonio cultural a través dunha selección de 50 imaxes. A mostra que se pode visitar en Vigo a partir de mañá, foi inaugurada esta tarde polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, é froito da colaboración entre o Museo do Mar de Galicia e o Museo Massó de Bueu e ten a súa orixe no certame que este último centro botou a andar en 2017: o Concurso de Fotografía Museo Massó, dedicado na súa primeira edición á carpintería de ribeira tradicional.“A través de medio cento de imaxes –asegurou Anxo Lorenzo–, esta exposición bríndanos a oportunidade de nos megurllar nun patrimonio histórico que constitúe un dos principais tesouros da nosa cultura marítima e do noso patrimonio cultural”. “Agora, este legado redescúbresenos a través dos diversos obxectivos que souberon captar a grandeza que se agocha detrás da carpitería de ribeira e que deu orixe ás obras artísticas que conforman o novo proxecto expositivo deste Museo do Mar de Galicia”, engadiu o secretario xeral, que estivo acompañado polo director do museo radicado en Vigo, Vicente Caramés, e mais da directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga López.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Anxo Lorenzo tamén recordou na súa intervención o interese da mostra para “contribuír á difusión dun ben que cómpre poñer en valor e que cómpre conservar”. Con este obxectivo, a Xunta de Galicia, segundo recordou, está a impulsasr a declaración de ben de interese cultural das técnicas construtivas da carpintería de ribeira como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia.

A carpintería de ribeiraA carpintería de ribeira tradicional trátase dun patrimonio histórico que comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio e o taller ou estaleiro. Estes modestos estaleiros forman parte da arquitectura popular e neles constrúense as pequenas embarcacións de madeira dedicadas á pesca de baixura.

A exposición permanecerá aberta no horario de apertura habitual do museo desde o 28 de xullo e a entrada será gratis coa entrada ao museo (3 euros a entrada xeral, 1,50 euros entrada reducida –estudantes, desempregados/as, xubilados/as e familias numerosas– e os menores de 8 anos non pagan).

Concurso de Fotografía Museo MassóO Museo Massó puxo en marcha en 2017 o Concurso de Fotografía Museo Massó. A edición estivo dedicada á temática da carpintería de ribeira tradicional para poñer en valor o espazo e o proceso de construción das embarcacións pesqueiras. A imaxe Simetría en popa, de Daniel Lojo Romarís, fíxose co primeiro premio do certame, ao que se presentaron un total de 100 fotografías. 

Leer más:  El socialismo gallego se une para apoyar a Sánchez ante el "acoso": "Los demócratas debemos unirnos y actuar"

- Te recomendamos -