Inicio Galicia O Museo do Ferrocarril amplía a súa oferta incorporando novas instalacións e...

O Museo do Ferrocarril amplía a súa oferta incorporando novas instalacións e actividades nesta ponte festiva

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, participou na reapertura da antiga nave de mecanizado, recentemente remodelada


O Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga) amplía a súa oferta para os visitantes acondicionando as instalacións e incorporando novas actividades para atraer ao público.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidente do Padroado do Muferga, participou hoxe na reapertura da antiga nave de mecanizado, que foi recentemente remodelada coa intención de ampliar a superficie expositiva do museo. Balseiro subliñou a aposta da Xunta por este centro, “ao que lle sobran argumentos para seguir medrando en medios, oferta e proxección”.

Neste sentido, valorou positivamente a coincidencia de dous eventos que se celebran nas instalacións durante esta ponte festiva. Dunha banda, a terceira edición da Feira de Modelismo Ferroviario, na que os afeccionados poderán atopar material a escala, obxectos de regalo e publicacións, novas e antigas. E doutra, a exposición de automóbiles clásicos, que inclúe modelos icónicos como o Chevrolet Corvette e varios Maserati, Jaguar ou Porche.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

A feira está organizada pola Asociación de Comerciantes de Mercadillos Ferroviarios de Madrid, a a exposición Auto-Tren Retro. Volven os 60 pola Asociación Amigos Terras do Incio. Estará aberta mañá venres e o sábado en horario de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 20 horas. Tamén o domingo día 14 pola mañá.

Balseiro subliñou que o Muferga “da testemuña dunha parte da nosa historia e debemos promover o seu enorme potencial para que sexa coñecido e visitado dende dentro e fóra de Galicia”. 


- Te recomendamos -