Inicio Galicia O Gaiás convida as familias a gozar este sábado dunha divertida tarde...

O Gaiás convida as familias a gozar este sábado dunha divertida tarde en familia e ao aire libre con ‘Cidade Imaxinaria Primavera’

0

Trátase dunha xornada gratuíta, que encherá a Cidade da Cultura de diversión con espectáculos, música, obradoiros e xogos polo Día Internacional do Circo

A Cidade da Cultura de Galicia convida as familias a vir este sábado, 21 de abril, á Cidade Imaxinaria Primavera, a réplica idéntica da tradicional xornada lúdica que desde hai oito anos se celebra todos os agostos na Cidade da Cultura de Galicia e que, este ano, se convoca tamén nesta estación para festexar a chegada do bo tempo e a posibilidade de gozar dunha divertida tarde familiar ao aire libre.

De entrada libre e de balde, Cidade Imaxinaria Primavera recolle o espírito de diversión e festa da cita tradicional da cita do verán —que este ano se celebrará o 25 de agosto— e ofrece catro horas ininterrompidas (de 16 a 20 horas) de espectáculos, música e xogos, nos que mergullarse na ilusión e fantasía circenses á quen se homenaxea xa que esta programación celébrase no Día Internacional do Circo.

Malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis e clowns conquistarán todos os recunchos da Praza Central da Cidade da Cultura, compartindo espazo e programación con músicas, danzas, xogos, teatro e fabulosas historias en formato de contacontos ou de representacións con monicreques.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Xogos e espectáculos de circo, maxia e danzaEspectáculos e obradoiros de novo circo, clowns e maxia cos que grandes e pequenos poderán gozar dunha tarde en familia na Cidade da Cultura, e que se verá completada por divertidas actuacións itinerantes, entre as que se atopan concertos á carta de antropomorfos caracois en bicicleta ou enxeñosas e virtuosas coreografías de danza en xigantescos zancos.

A Praza Central do Gaiás fará tamén un oco para que se instale unha caravana, que abrirá as súas portas á cativada para viaxar, a través de cancións, contacontos, monicreques e moitas risas, por relatos a prol da igualdade e que procuran, arrincando moitos sorrisos, rachar, desde a infancia, cos estereotipos sexistas.

A programación ininterrompida de catro horas de Cidade Imaxinaria Primavera tamén permitirá que nenos e nenas participen e se marabillen xuntos coas súas familias en imaxinativas propostas como treboadas de confeti de cores dentro dunha gran burbulla xigante.

Espectáculos de diversión innovadores que se dan a man, nun mesmo espazo, con xogos tradicionais como os de Hélder, simples trebellos de corda e madeira que ao longo do tempo atrapan e cativan o todos os que os proban, independentemente da idade.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Zona de petiscos e unha guía de actividadesCidade Imaxinaria Primavera contará, ao igual que na cita tradicional do verán, con zonas de lecer para tomarse un descanso ou repor enerxías con postos de petiscos e larpeiradas e con reforzo no servizo de buses que se suman ás habituais Liñas 9 e 11, que conectan o Gaiás co centro de Compostela para facilitar vir gozar desta xornada festeira.

Para que as familias non se perdan nada da ampla e variada programación de Cidade Imaxinaria Primavera, na páxina web da Cidade da Cultura —www.cidadedacultura.gal— cóntase cunha guía que informa polo miúdo de cada unha das actividades, os seus horarios e tamén a súa localización.


- Te recomendamos -