Inicio Galicia O DOG publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto para a mellora...

O DOG publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto para a mellora da seguridade viaria no acceso ao peirao de Portosín

0

Esta actuación conta cun orzamento de arredor de 500.000 euros e onte mesmo o Consello da Xunta autorizou a utilidade pública desta intervención no treito da AC-550, na intersección entre o acceso ao peirao e a Avenida da Deputación, no concello de Porto do Son

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, para a mellora da seguridade viaria da estrada AC-550 (Cee-Ribeira), na intersección co acceso ao peirao de Portosín e a Avenida da Deputación, no concello de Porto do Son.

A actuación conta cun orzamento de arredor de 500.000 euros, e onte mesmo o Consello da Xunta autorizou a utilidade pública das obras, que serán licitada nas vindeiras semanas.

O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade viaria da intersección na que conflúen a estrada autonómica da AC-550 (Pq 80+400), o acceso ao peirao de Portosín (denominado Travesía da Igrexa) e a Avenida da Deputación (antigo trazado da AC-550, pertencente ao Concello de Porto do Son).

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Esa intersección atópase nunha curva de radio reducido, o que provoca que a súa visibilidade sexa escasa, en especial para os movementos desde a Travesía da Igrexa á AC-550. A construción dunha glorieta permitirá calmar o tráfico e que os xiros se realicen en condicións mais seguras.

A intervención inclúe tamén o acondicionamento da contorna. As actuacións permitirán reordenar e urbanizar o espazo sobrante entre a AC-550 e a Avenida da Deputación, que serve de acceso á igrexa de San Sadurniño de Goiáns e ao cemiterio, habilitando zonas de aparcadoiro para atender á demanda existente de prazas de estacionamento e pavimentando do mesmo.

Tamén se executará unha pequena pasarela de madeira sobre o Rego da Igrexa, para facilitar o acceso desde o aparcadoiro e a contorna da igrexa.

Os termos da resolución poden consultarse no DOG de hoxe.

Esta obra de reforzo da seguridade viaria na AC-550 en Portosín é a primeira que licita a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no marco do Plan da Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020, no que o Goberno galego está a desenvolver unha estratexia para intentar reducir os accidentes das estradas de titularidade autonómica, nos treitos cualificados como tramos de concentración de accidentes.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

A Xunta prevé actuacións en 90 quilómetros, cun investimento que superará os 12 millóns de euros no horizonte desta lexislatura.


- Te recomendamos -