Inicio Galicia O DOG publica a relación das persoas admitidas para as oposicións de...

O DOG publica a relación das persoas admitidas para as oposicións de auxiliares de policía local

0

Son 109 prazas de auxiliares que se corresponden coas vacantes comunicadas por 24 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local.

A listaxe provisional de aspirantes admitidos/as poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública,http://agasp.xunta.gal. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir de mañá para emendar, o defecto que motivou a súa exclusiónCabe lembrar que a Xunta publicou en novembro un decreto para centralizar na AGASP as oposicións a auxiliares e policías locais dos concellos que así o decidisen voluntariamente. O obxectivo da iniciativa é favorecer a calidade dos procesos selectivos, asegurar a cobertura das prazas e acadar unha policía local cada vez máis especializada. Ademais, deste xeito centralízase o proceso selectivo na mesma academia onde se leva a cabo a formación deste corpo, e nas mesmas instalacións onde está centralizada a xestión das emerxencias.

En virtude deste convenio, os concellos foron solicitando desde principios de ano adherirse a este procedemento. Deste xeito, fóronse asinando os respectivos convenios de colaboración para delegar estas competencias na Xunta.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

A partir de agora, o primeiro proceso de selección que se celebrará será o de auxiliares. A previsión é que o proceso estea rematado a finais de maio, para que os concellos poidan dispoñer dos auxiliares na tempada de verán. De acordo ao previsto no decreto, elaborarase e xestionarase por parte da AGASP unha listaxe de reserva para a contratación de auxiliares. Así, os concellos poderán solicitar á AGASP o chamamento da listaxe para cubrir de xeito inmediato as súas necesidades urxentes, sempre que se cumpran os requisitos legais establecidos na Lei de Coordinación de Policías. 


- Te recomendamos -