Inicio Galicia O Concurso-Exposición Letras Galegas convida os centros educativos a afondar na figura...

O Concurso-Exposición Letras Galegas convida os centros educativos a afondar na figura de Antón Fraguas

0

Trátase dunha convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Xa está publicada no Portal da Lingua Galega e no Portal Educativo unha nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica. Os centros educativos participantes neste certame da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura e Turismo) coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) terán prazo ata o 22 de xaneiro de 2019 para entregaren unha exposición que recolla estes aspectos da obra de Antón Fraguas Fraguas, a quen a Real Academia Galega distingue coas Letras Galegas do próximo ano.

As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas por máis de 2000 puntos de interese: centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de Dinamización Lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outras. Os colexios e institutos participantes na súa elaboración recibirán un premio en metálico por importe de 2000 € e o profesorado obterá un certificado de primeiro premio de innovación educativa cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado, ou 30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto gañador.10 carteis orixinais e inéditosA convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019 está dirixida a todos os centros docentes de ensino público non universitario de Galicia, que poderán concursar na categoría que lles corresponda entre as dúas que se establecen: categoría A para infantil e primaria e categoría B para educación secundaria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais. Os centros educativos en que se imparta infantil, primaria e secundaria poderán concursar en ambas as categorías.

Leer más:  La Xunta valorará asumir el 80% y el Ayuntamiento de Santiago el 20% para el párking del Clínico

Os colexios e institutos deberán formar equipos integrados por un máximo de 10 docentes de diferentes áreas que colaboren activamente e fomenten a participación do alumnado na elaboración do traballo.

As exposicións que se presenten ao certame deberán constar de 10 carteis orixinais e inéditos de 70×50 cm acompañados dunha guía con actividades que orienten a observación da mostra e fomenten o labor de investigación do alumnado. A técnica que se empregue nos devanditos carteis será libre e estes poderán ser presentados a cor. 


- Te recomendamos -