Inicio Galicia O Comité de Coordinación Policial Antilumes acorda intensificar a vixilancia e control...

O Comité de Coordinación Policial Antilumes acorda intensificar a vixilancia e control nas zonas de maior actividade incendiaria

0


O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, presidiu hoxe en San Lázaro unha nova xuntanza do Comité de coordinación policial antiincendios, onde se acordou intensificar os labores de vixilancia nas zonas de maior actividade incendiaria e se avaliou os lumes rexistrados no que vai de campaña de alto risco de incendios forestais, que este ano inclúe tamén o mes de outubro.

Neste encontro de traballo analizáronse os reiterados intentos de prender en determinadas comarcas, así como os últimos lumes rexistrados nos parques naturais do Xurés e o Invernadeiro, onde o Goberno galego xa reforzou as accións de control. A coordinación entre administracións é fundamental para esclarecer os lumes, pois detrás da maioría dos incendios forestais hai unha compoñente humana e por iso é preciso reforzar o labor investigador dos distintos corpos e forzas do seguridade do Estado e das brigadas de Medio Rural para dar con eses incendiarios.

Precisamente a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, remitiulle un escrito á Delegación do Goberno en Galicia para intensificar esta vixilancia na nosa comunidade en xeral e na provincia de Ourense en particular, onde se rexistra unha maior actividade incendiaria favorecida polas condicións meteorolóxicas actuais.

Leer más:  En el Pleno de Vigo se guardaron tres minutos de silencio en memoria del bombero que perdió la vida el pasado sábado mientras trabajaba

- Te recomendamos -