Inicio Galicia O comercio coruñés celebrará ata o 21 de maio a segunda edición...

O comercio coruñés celebrará ata o 21 de maio a segunda edición dos ?Días Azuis? para dinamizar a súa actividade

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá na Coruña esta iniciativa na que a Xunta participa xunto coa Federación Galega de Comercio e Abanca

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta mañá na Coruña na presentación da segunda edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebrará ata o 21 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade na Comunidade.

O obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e activar o comercio local. Así os clientes dos establecementos que realicen as súas compras entre o 7 e o 21 de maio deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.

Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros (sete tarxetas por provincia) e 52 de 150 euros (13 tarxetas por provincia), que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 25 de maio.

Leer más:  Dos personas son detenidas y se descubre una plantación de marihuana en el piso donde comenzó la pelea del crimen de Vilaxoán

A iniciativa, que o pasado ano sumou un total de 70.000 tíckets, enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para reforzar este sector e que contempla un total de 55 accións específicas ata 2020.  


- Te recomendamos -