Inicio Galicia O ciclo da Xunta ?Cultura no Camiño? programa 44 actuacións en setembro...

O ciclo da Xunta ?Cultura no Camiño? programa 44 actuacións en setembro como peche da súa sexta edición

0

Está organizado pola Agadic e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos 103 concellos das rutas xacobeas asociados este ano

O ciclo Cultura no Camiño programará durante o mes de setembro 44 actuacións escénicas e musicais como peche da súa sexta edición, que deu comezo a mediados de abril para ofrecerlle 340 citas culturais ao público de 103 municipios das rutas xacobeas. A Xunta promove esta iniciativa, organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos concellos asociados este ano.

A música protagoniza o arranque da súa carteleira de setembro, coas actuacións este sábado de Rosa Cedrón, en formato dúo, nas instalacións da Piscina Municipal de Carral (22,00 h) e do Coro Encaixe en Sarria (20,00 h). Esta última terá lugar no Paseo do Malecón, o mesmo lugar que ao día seguinte será o escenario do espectáculo de circo Ghop!, de Teatro ó Cubo (19,00 h.). Tamén o domingo Ponte Ledesma (Boqueixón) acollerá outra montaxe circerse, Forzu2 de Circo Chosco, mentres que o Auditorio da Azucreira de Portas recibirá a compañía Píscore co seu Concerto singular. En ambos casos, as actuacións darán comezo ás 18,00 h.

Leer más:  Un carril de la A-6 en sentido a Lugo ha sido cortado debido al vuelco de un camión en Carballedo

A programación continuará ata finais de mes noutra trintena de localidades, todas elas situadas nalgunha das rutas do Camiño de Santiago en Galicia. É o caso dos concellos coruñeses da Coruña, Culleredo, Fisterra, Mazaricos, Neda, O Pino, Oroso, Ribeira, Teo e Vilasantar; de A Fonsagrada, Begonte, Chantada, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela e Sober, en Lugo; de Ourense e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense; e dos pontevedreses da Guarda, Caldas de Reis, Catoira, Meaño, Oia, Pontecesures, Redondela, Silleda e Valga.

Esta sexta edición do ciclo mantén como obxectivo enriquecer e descentralizar a oferta cultural galega, así como dinamizar a contratación dos espectáculos de teatro, música, maxia, novo circo e danza producidos en Galicia de xeito profesional. De feito, este ano son 142 as formacións artísticas en cartel, cifra moi superior á das 56 compañías coas que esta iniciativa se puxo en marcha en 2013.

A programación concéntrase nos meses centrais do ano para coincidir co período de maior auxe das peregrinacións e, deste xeito, contribuír tamén a enriquecer o programa turístico dos concellos participantes.

Leer más:  -Juan Díaz Villoslada será el candidato gallego en la lista de Sumar para las elecciones europeas-

Para conseguilo, Cultura no Camiño conta en 2018 cun investimento de 570.600 euros, asumido pola Xunta de Galicia e mais os concellos participantes, que costean parte dos cachés artísticos.

O calendario de actuacións está dispoñible para a súa consulta no web da Agadic, así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia. 


- Te recomendamos -