Inicio Galicia O Centro Coreográfico Galego organiza unha nova edición dos seus cursos de...

O Centro Coreográfico Galego organiza unha nova edición dos seus cursos de verán con sete propostas entre xullo e agosto

0

Pino Alosa, Dana Raz, Virgina Valero, Mikel Aristegui, Gonzalo Zaragoza, Ángela Rodríguez, Víctor Ullate Roche e Ana Alcázar serán os mestres deste programa formativo en danza clásica, contemporánea e comedia musical

O Centro Coreográfico Galego (CCG) acaba de abrir o prazo de solicitude para os sete cursos de verán que desenvolverá na súa sede da Coruña entre os meses de xullo e agosto. Danza contemporánea, clásica e comedia musical son os tres eixos temáticos deste novo programa formativo, para o que se contará con recoñecidos profesionais do sector, como Pino Alosa, Dana Raz, Virginia Valero, Mikel Aristegui, Gonzalo Zaragoza, Ángela Rodríguez, Víctor Ullate Roche e Ana Alcázar.

Dirixidos prioritariamente a profesionais e estudantes de danza, as persoas interesadas en asistir a cada un dos encontros deben inscribirse seguindo as indicacións recollidas no web www.centrocoreografico.gal ata unha semana antes do comezo do curso correspondente. O prezo da matrícula oscila entre os 50 e os 70 euros, con descontos para o alumnado que opte por realizar varios cursos nunha mesma semana.

Leer más:  En abril, las matriculaciones en Galicia aumentaron un 19% impulsadas por la demanda de coches eléctricos

Das sete propostas formativas, tres estarán centradas en diferentes aspectos da danza clásica da man dos mestres Pino Alosa, Virginia Valero e Gonzalo Zaragoza. Alosa impartirá o primeiro deles do 16 ao 20 de xullo, semana durante a que o alumnado terá a oportunidade de traballar técnica clásica, de puntas e de paso a dous co director artístico adxunto e mestre repetidor da Compañía Nacional de Danza.

Quendas por niveisO segundo deles terá lugar do 23 ao 27 de xullo con Virginia Valero, profesora na materia de Metodoloxía e Didáctica da Danza Clásica no Conservatorio Superior María de Ávila de Madrid, do que foi directora. O xefe de estudos deste centro, Gonzalo Zaragoza, será precisamente o encargado do terceiro dos cursos de danza clásica do 30 de xullo ao 3 de agosto. Ambos mestres, que xa teñen colaborado co Centro Coreográfico Galego en anteriores ofertas formativas, impartirán os seus respectivos obradoiros en dúas quendas (nivel avanzado e nivel medio).

En canto á danza contemporánea, este programa de verán contará con Dana Raz do 16 ao 20 de xullo, Mikel Aristegui do 23 ao 27 de xullo e Ángela Rodríguez do 20 de xullo ao 3 de agosto. De orixe israelí, Raz estableceuse en España para levar a cabo diferentes proxectos persoais como coreógrafa e bailarina tras desenvolver gran parte da súa carreira na International Kibbutz Contemporary Dance Company (KCDC) de Israel. No caso de Mikel Aristegui, conta cunha destacada traxectoria internacional, desenvolvida principalmente desde Alemaña, así como con máis de 15 anos de experiencia pedagóxica no ámbito das artes escénicas. Pola súa banda, Ángela Rodríguez desenvolve a súa actual traxectoria docente como profesora especialista en danza contemporánea do María de Ávila.

Leer más:  La Xunta valorará asumir el 80% y el Ayuntamiento de Santiago el 20% para el párking del Clínico

Comedia musicalPor último, o curso de comedia musical, aberto tamén a cantantes interesados no xénero dos musicais, será impartido do 30 de xullo ao 3 de agosto por Víctor Ullate Roche (interpretación) e Ana Alcázar (danza-jazz).

Víctor Ullate Roche ten participado en numerosas xiras internacionais con coñecidas compañías de teatro, como a de Lindsay Kemp, e –como protagonista– en producións de éxito no ámbito do teatro musical. Vén compaxinando a súa faceta artística, que se estende tamén ao cinema e á televisión, con labores de dirección do Scaena Centro Superior de Artes Escénicas e da escola de Billy Elliot El Musical. Neste obradoiro, está acompañado por Ana Alcázar, profesora de jazz musical no Madrid Dance Center, cunha moi ampla experiencia en musicais. 


- Te recomendamos -