Inicio Galicia O CDTIC da Amtega organiza sobre unha sesión demostradora sobre unha aplicación...

O CDTIC da Amtega organiza sobre unha sesión demostradora sobre unha aplicación de software libre para levar a contabilidade

0

A sesión “Facturascripts a mellor alternativa para o seu negocio” será impartida por Ítaca Software Libre, no marco da colaboración entre Amtega e Agasol

O vindeiro 19 de xullo de 10:00 a 12:00h o CDTIC en Santiago acollerá a sesión “Facturascripts a mellor alternativa para o seu negocio” (https://cdtic.xunta.gal/facturascripts), organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Asociación Galega de Software Libre (Agasol) e Ítaca Software Libre. O obxectivo desta sesión é presentar FacturaScripts, un programa software libre de uso fácil, accesible e potente, que permite levar ao día a contabilidade da empresa dun xeito sinxelo, xa que xera ao momento todo o necesario para que os responsables poidan centrarse no seu negocio. Conforme fai as facturas ou albarás, dá de alta os clientes ou provedores, engade os produtos ao catálogo e xera os asentos contables. No mesmo proceso calcúlanse os prezos de custo ou asígnanse os de venda. Tamén permite facer orzamentos e cun par de clics, convertelos en pedidos, albarás ou facturas, co que se aforra tempo de xestión.

Leer más:  El caballero se alegra de que Sánchez haya "arrinconado" a los calumniadores y cree que ya no será posible calumniar "sin consecuencias"

Esta sesión demostradora, impartida polos integrantes da cooperativa Ítaca Software Libre (http://www.itacaswl.com) Asier Epelde e Yolanda Sánchez, está dirixida a todas as empresas que busquen simplificar as súas xestións ou esquecerse de complexos programas de facturación e contabilidade que lles obriguen a configurar centos de opcións antes de empezar a traballar. Para participar na actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A inscrición é de balde e aínda é posible facela, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

Colaboración con AgasolAgasol (https://www.agasol.gal/) é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Plan de Software Libre da XuntaEsta xornada enmárcase no Plan de Acción de Software Libre da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación dirixidas ao sector empresarial para mellorar o coñecemento de solucións de software libre entre as empresas galegas así como o achegar experiencias e casos de uso concretos, medidas demandadas polo empresariado galego, segundo se reflicte dos anuais do uso de software libre elaborados polo OSIMGA.

Leer más:  Una persona fue arrestada por el incendio en un edificio en A Coruña donde una menor fue rescatada

Centro Demostrador TICO CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.


- Te recomendamos -