Inicio Galicia O 35,2% dos titulados nun máster en Galicia no curso 2012/13 teñen...

O 35,2% dos titulados nun máster en Galicia no curso 2012/13 teñen un salario superior aos 1400 euros

0

A porcentaxe increméntase 5 puntos porcentuais respecto do estudo anterior

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Mª Patrocinio Morrondo; e o director da mesma, Eduardo López Pereira; presentaron esta mañá os resultados do Estudo da inserción laboral dos titulados en Másteres no Sistema Universitario de Galicia 2012-2013, unha enquisa realizada a 1723 persoas, o 70,8% dos titulados en másteres no SUG nese curso académico, e efectuada tres anos despois de ter rematado estas ensinanzas.

Os resultados do estudo mantéñense en niveis moi similares aos da edición anterior, se ben cómpre salientar un incremento na porcentaxe de titulados que acadan no momento da realización do estudo os tramos superiores de salario. Así, o 35,2% dos enquisados perciben na actualidade un salario neto igual ou superior aos 1401 euros, o que supón un incremento de 5 puntos de persoas nestes tramos respecto do estudo referido aos titulados no curso 2011/12. O salario medio mensual para os titulados no EILMasteres1213 é de 1251,70 euros, o máis alto con respecto a todos os salarios que afirmaban percibir os enquisados nos estudos de inserción anteriores.

Leer más:  Libertad para los dos detenidos por la plantación de marihuana encontrada en el piso del crimen de Vilaxoán

Ademais, o salario medio incrementouse de xeito importante para os titulados en másteres do SUG, 167,10 euros en termo medio fronte aos 125,99 euros reflectidos no informe do ano anterior.

Estes e outros motivos, como a mellora das oportunidades para atopar emprego, fan que o 77,1% de titulados do SUG afirmen que volverían realizar o máster, unha porcentaxe similar á que se obtiña no EILMásteres1112.


- Te recomendamos -