Inicio Galicia Nava Castro visita o Ecomuseo Arxeriz durante a inauguración da ruta da...

Nava Castro visita o Ecomuseo Arxeriz durante a inauguración da ruta da Ribeira Sacra do Miño nos ?Trens turísticos de Galicia?

0

A directora de Turismo saudou aos participantes neste percorrido pola provincia de Lugo que inclúe Monforte de Lemos, Ferreira de Pantón, O Saviñao ou Chantada

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na primeira saída da Ruta da Ribeira Sacra do Miño, unha das dúas novas rutas que se incorporan este ano ao programa dos Trens Turísticos de Galicia. A directora saudou aos participantes desta experiencia no Ecomuseo Arxeriz, no concello lucense do Saviñao, un dos espazos que os viaxeiros teñen a oportunidade de visitar no seu percorrido.

A Ruta da Ribeira Sacra do Miño engádese á Ruta da Ribeira Sacra do Sil, un dos itinerarios con máis éxito dos Trens Turísticos de Galicia, que este ano cumpre seis edicións. Tras partir da estación de ferrocarril de Ourense –con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela e Vigo– discorre polos concellos de Monforte de Lemos, Ferreira de Pantón, O Saviñao ou Chantada. A ruta inclúe visitas ao mosteiro cisterciense Divino Salvador ou un paseo en catamarán polo río Miño desde Belesar que remata na adega Vía Romana.

Leer más:  -Román Gómez ha sido nombrado como el nuevo director de la Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061

O Ecomuseo Arxeriz comezou a súa andaina en 2004 coa idea de restaurar, investigar e divulgar o patrimonio etnográfico e histórico-artístico da Ribeira Sacra. Atópase nunha finca de 35 hectáreas que preside a bocarribeira sobre o río Miño, enfronte a un dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra: o Cabo do Mundo. Todo o centro está organizado en torno a un pazo do século XVII, onde se dispoñen as salas divulgativas e expositivas.

Os Trens Turísticos de Galicia, unha das mellores opcións para coñecer moitos dos mellores recursos e paisaxes de Galicia, é un proxecto promovido entre Turismo de Galicia, Renfe e o Inorde. O aval do público reflíctese en datos como que o no pasado a súa ocupación superara o 86% e que o 98% dos viaxeiros recomende a experiencia e lle outorguen unha puntuación de 8,7 puntos sobre 10.

Novidades e viaxes teatralizadasDas 12 rutas que configura esta oferta, tamén está a circular esta fin de semana a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos polas Rías Baixas. En total, hai programadas 56 saídas ao longo de cinco meses e polas catro provincias galegas. Entre as novidades desta sexta edición, atópase a Ruta dos Mosteiros, as viaxes teatralizadas con actores profesionais na Ruta do Viño Monterrei, na Ruta dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas e na Ruta Lugo Romano ou o programa opcional para coñecer Ferrol en profundidade dentro da Ruta dos Faros.

Leer más:  La Sanidad está cerca de llegar a un acuerdo con los colegios médicos sobre el XIDE: "Es una herramienta para programar citas, no para hacer triaje"

Os Trens turísticos de Galicia son unha proposta de turismo de calidade e tranquilo, unha proposta, por tanto, que encaixa co modelo a Xunta está a impulsar a través da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta a prol da sustentabilidade deseñada co sector.

Galicia Rail PassOs participantes dos Trens turísticos de Galicia poden beneficiarse tamén do Galicia Rail Pass, que permite percorrer en tren toda a Comunidade galega de xeito económico. Os viaxeiros poden empregar os trens rexionais, de media distancia convencional, larga distancia e Avant da rede de Renfe en Galicia cantas veces queiran durante tres días e que durante o verán funciona todos os días da semana. Xunto aos viaxeiros dos Trens turísticos de Galicia, poden adquirilo peregrinos que recollan a Compostela e turistas que chegan a Galicia en tren de longo percorrido. O bono permite tamén obter prezos reducidos e entradas gratuítas aos museos máis destacados das sete principais cidades.


- Te recomendamos -