Inicio Galicia Miranda renova a súa colaboración coa asociación de retornados Ulla-Umia nun momento...

Miranda renova a súa colaboración coa asociación de retornados Ulla-Umia nun momento no que o regreso á comunidade centra a realidade migratoria de Galicia

0

O secretario xeral da Emigración asinou un novo convenio coa Asociación de Retornados Ulla-Umia nun acto ao que asistiron o seu presidente, Celso Domínguez Búa, e a secretaria, Clara Tubio


Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de renovar a súa colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) no seu obxectivo de prestar servizo aos emigrantes que regresan á comunidade. O convenio, asinado polo responsable autonómico e o presidente do colectivo, Celso Domínguez Búa, nun acto ao que tamén asistiu a secretaria da agrupación, Clara Tubio, permitirá á entidade seguir prestando un servizo gratuíto de información e asesoramento a todos os galegos que volvan a Galicia.

Por terceiro ano consecutivo, a Secretaría Xeral da Emigración contribúe tanto económicamente, cunha achega de 6.000 euros, como aportando a información necesaria ao labor de asesoramento e seguemento dos emigrantes e o seus descendentes que regresan cada ano á comunidade autónoma que leva a cabo a asociación de retornados asentada no concello pontevedrés de Caldas de Reis.

Os servizos que presta a asociación abarcan tanto a información e o asesoramiento en matera de retorno no senso máis amplo como as solicitudes aos diferentes organismos oficiais galegos, españois e estranxeiros da documentación necesaria para solicitar diferentes prestacións, subsidios e axudas asistenciais. O colectivo dispón, así mesmo, dunha asesoría xurídica atendida por unha letrada colaboradora con resolución de recursos, reclamacións e aplicación das normativas comunitarias e extracomunitarias. Cada vez máis retornados novos“Esta colaboración cobra especial relevancia nun momento no que as cifras de retorno a Galicia marcan unha clara tendenza á alza que só en 2017 arroxou uns datos de regreso á comunidade de 6.202 galegos, o que implica un crecemento do 21% no último ano e de máis do 90% desde 2009”, salientou Miranda. “O 78% dos retornados en 2017, 4.865 persoas, teñen menos de 65 anos, e só o 21,56%, 1.337 teñen 65 anos ou máis, o que significa que cada vez máis xente nova convirte en realidade o seu desexo de volver á terra, e o noso de recibilos”, engadiu o secretario xeral da Emigración. Ademais, máis da metade, 3.225, son menores de 45 anos, e a franxa de idade máis numerosa é a de menores de 16 anos, con 998 mozos que regresaron só o ano pasado. Por países, o lugar de procedencia máis frecuente é Venezuela, seguido de Suíza, Brasil, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre