Inicio Galicia Miranda personifica na figura de Ernesto Atanes Payo, o 'Father', a pegada...

Miranda personifica na figura de Ernesto Atanes Payo, o 'Father', a pegada imborrable que a emigración galega deixa cada día en moitos países do mundo

0

O secretario xeral da Emigración dedicou unhas palabras ao párroco galego afincado en Londres durante a celebración do seu nomeamento como fillo predilecto do Concello de Monterrei

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, enxalzou esta tarde a figura de Ernesto Atanes Payo, máis coñecido na diáspora como Father, como a personificación da pegada que os emigrantes galegos deixan cada día en milleiros de países do mundo. O responsable autonómico salientou as virtudes das que durante décadas fixo gala quen durante 46 anos foi o capelán da colectividade española en Londres, e que resumen os valores cos que a emigración galega se forxou un futuro e se gaña, aínda hoxe, o respecto dos seus concidadáns nos distintos países de destino.

O titular do departamento do Goberno galego clausuraba o programa de actos organizado polo Concello de Monterrei coincidindo co cabo de ano do relixioso, que comezou ao mediodía cun pleno extraordinario da corporación municipal e concluíu co descubrimento dunha escultura colocada na memoria de Atanes na praza do cruceiro da súa localidade natal, A Salgueira, no concello de Monterrei, acto que contou coa actuación da real banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense. Previamente, autoridades, entre as que se atopaban o alcalde, José Luis Suárez Martínez, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández Fernández, e veciños asistiron a unha misa solemne celebrada na igrexa de Flariz.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia reivindica la labor de sus diputados y senadores como "contrapeso" a los "ataques" del Gobierno a Galicia

Honra da memoria do “Father”“Este ano foi un pouco máis triste para toda a emigración galega. Non só para nós, os que desde aquí temos a sorte de poder lembralo xuntos e honrar a súa memoria con mostras de cariño tanxibles e intanxibles, senón para tantos milleiros de españois, e particularmente galegos londinenses, que botan cada día de menos a entrega e a valentía deste galego dos bos e xenerosos. O baleiro que deixou o Father é imposible de encher. E iso é o que lle fai tan especial. E a nós, tan orgullosos de telo para sempre como embaixador da nosa terra”, sinalou Miranda. “Porque o Father segue a vivir. Porque moitos viven, vivimos, por el. Porque el pasou polas nosas vidas e marcounos dun xeito indeleble. Por iso, o Father seguirá vivindo entre todos nós por sempre”, engadiu o secretario xeral da Emigración.

Ernesto Atanes Payo foi un dos impulsores da fundación dunha das adegas que hoxe en día constitúe unha referencia da Denominación de Orixe Monterrei, Crego e Monaguillo, e recibiu a Medalla de Honor de la Emigración da Dirección General de Migraciones en 2014 de mans do seu responsable, o tamén ourensán Aurelio Miras Portugal. O Father faleceu o 4 de xullo de 2017 aos 74 anos de idade na súa aldea natal, A Salgueira, tras perder unha breve pero intensa batalla contra a enfermidade que finalmente lle arrebatou a vida.

Leer más:  En abril, las matriculaciones en Galicia aumentaron un 19% impulsadas por la demanda de coches eléctricos

- Te recomendamos -