Inicio Galicia Miranda inaugura a xornada informativa de benvida aos cen beneficiarios da segunda...

Miranda inaugura a xornada informativa de benvida aos cen beneficiarios da segunda promoción das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME)

0

Ao longo de todo o día os xa estudantes de mestrado nunha universidade galega recibirán asesoramento e orientación sobre cuestións prácticas, así como testemuñas de bolseiros da pasada convocatoria


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a inauguración da xornada de benvida aos cen beneficiarios desta segunda convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que veñen de iniciar os seus estudos de mestrado nunha das tres universidades públicas galegas. Desde as 9.30 horas e durante todo o día os asistentes á sesión informativa recibirán información e asesoramento de primeira man sobre cuestións prácticas como a lingua e o sistema educativo no caso de descendentes de galegos procedentes no exterior, e a busca activa de emprego e os programas de apoio ao emprendemento impulsados pola Xunta.

A xornada, á que tamén asistiron Victor Arce Vázquez, vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela; e José Rodrigo Sanjurjo Amado, adxunto de Participación da Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña; Juan José Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego; e María Lourdes Batán Aira, subdirectora xeral de Política Lingüística, deu comezo ás 9.30 horas e se prolongará ata as 18.30, cando os bolseiros serán trasladados desde o Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, onde ten lugar esta cita, ás súas respectivas cidades de residencia. Especialistas en cada campoMiranda agradeceu os beneficiarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior que tomaran a “valente decisión de regresar a Galicia, a vosa terra” para iniciar unha nova vida. “Esperamos e desexamos que unha vez que rematedes os estudos decidades quedarvos, e nós, desde o Goberno galego, queremos proporcionarvos todas as ferramentas para facelo posible, e para que vos coste cada vez menos decantarvos por unha Galicia disposta a acollervos cos brazos abertos”, sinalou.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

As diferentes charlas e obradoiros serán impartidas por especialistas en cada un dos sectores, desde xuventude ata emprego e promoción económica, e contarán, así mesmo, con testemuñas tanto de profesionais da busca de traballo como de bolseiros pertencentes á primeira promoción das BEME. Dous retornados emprendedores exporán as súas experiencias tanto á hora do regreso a Galicia como de iniciar o seu proxecto persoal e vital, que pretenden servir de guías para os bolseiros.

Douscentos expedientes de excelenciaAs Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) é un programa pioneiro da Secretaría Xeral da Emigración que busca facilitar o regreso a Galicia dos cen mellores expedientes universitarios do estranxeiro a través dunha axuda que sufraga os gastos de matrícula, viaxe e estadía para cursar un mestrado nalgunha das tres universidades públicas galegas (a Universidade Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña). As subvencións oscilan entre os 6.000 e os 11.475 euros en función da duración do máster elixido, que pode ser de 60, 75 ou 90 créditos.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

Na primeira convocatoria, as BEME recibiron 184 solicitudes, cifra que se duplicou nesta segunda edición, na que máis de 350 mozos de ata 40 anos de idade, tal como marcan esixen os requisitos, pediron unha das cen prazas dispoñibles para o curso que vén de comezar. Foron, sen embargo, un total de 540 persoas as que iniciaron a tramitación da petición, malia que 185 delas non remataron o proceso por diferentes motivos. Só nestes dous últimos anos ascenden, deste xeito, a douscentos os expedientes académicos cun plus de excelencia que retornaron a Galicia.


- Te recomendamos -