Inicio Galicia Miranda emprende a súa terceira viaxe do ano á Arxentina e o...

Miranda emprende a súa terceira viaxe do ano á Arxentina e o Uruguai para reforzar os lazos entre as dúas beiras galegas do Atlántico

0

O secretario xeral da Emigración levará ás capitais de ambos países os sabores de Galicia da man das consellerías de Medio Rural e de Mar

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, emprende hoxe unha viaxe que o levará directamente á capital arxentina desde a brasileira, onde se achegou á colectividade en compañía do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Esta visita, a terceira que o responsable do departamento galego realiza este ano á Arxentina e O Uruguai, pretende servir para reforzar os lazos, tanto sociais como culturais e institucionais, que o Goberno galego ten coa primeira comunidade galega do mundo, que acubilla máis de 175.000 emigrantes e descendentes galegos. Así, entre os encontros que o titular de Emigración do Executivo galego manterá con autoridades españolas no país suramericano destacan as xuntanzas co embaixador de España, Francisco Javier Sandomingo Núñez, e o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.

Miranda incluirá, ademais, na súa axenda oficial, encontros cos tres centros de Bos Aires que están a celebrar o seu centenario, a Asociación Centro Partido de O Carballiño, a Asociación Mutualista Galega Residentes de Vigo e a Unión Residentes de Dodro en Buenos Aires; así como con outras agrupacións de representantes da colectividade cos que abordará diversas cuestións de actualidade. O programa institucional de Miranda reservará un espazo central desta visita aos países que franquean o Rio de la Plata á presentación dos Obradoiros de Sabores en ambas capitais, unha proposta da Consellería de Medio Rural e da Consellería do Mar que pretende achegar a gastronomía e os produtos da terra e o mar de Galicia aos galegos da outra beira do Atlántico.

Leer más:  Pontón busca incrementar el apoyo para el "asiento de Galicia en Bruselas" mediante una campaña "100% gallega"

O pintor de Mar del Plata Unha viaxe a Mar del Plata para visitar o Centro Gallego e pulsar a realidade da colectividade desta cidade arxentina, que está a verse afectada pola situación que atravesa o país. Alí, Miranda manterá unha xuntanza co pintor José Solla, con quen avanzará nas propostas para acompañar a exposición das dúas obras que se levará a cabo o vindeiro ano na cidade arxentina.


- Te recomendamos -