Inicio Galicia Miranda aplaude a colaboración entre os centros galegos da rexión brasileira de...

Miranda aplaude a colaboración entre os centros galegos da rexión brasileira de Santos como fórmula para complementar os seus ámbitos de actuación

0

O secretario xeral da Emigración reuniuse con Manuel Enríquez, que ostenta responsabilidades tanto na sociedade Rosalía de Castro como no centro Español y de Repatriación


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aplaudiu o sistema de traballo conxunto que realizan diariamente na rexión brasileira de Santos a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro e o Centro Español y Repatriación, e que lles permite cubrir grande parte das necesidades dos galegos residentes nesta zona de Brasil. O responsable autonómico mantivo unha reunión cun dos representantes que comparten ambas entidades, Manuel Enríquez, quen compatibiliza o seu cargo de vicepresidente deste último centro con outro na directiva de Rosalía de Castro.

As sinerxías creadas e consolidadas entre estas dúas institucións incrementan o seu ámbito de actuación tanto a nivel cualitativo como cuantitativo, xa que facilita a chegada a un número maior de persoas para atender as súas necesidades sanitarias e de atención como sociais. Das primeiras encárgase principalmente a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro a través dos diversos programas e instalacións dirixidas á atención dos maiores e das persoas sen recursos. O Centro Español y Repatriación de Santos, pola súa banda, está centrado na programación social e cultural do que gozan moitos dos galegos que residen nesta rexión do país.

Preto de 50.000 galegosMiranda, quen visitou a entidade social de Santos o pasado mes de febreiro para asinar un novo convenio que garante o mantemento do seu centro de día, interesouse pola situación dos galegos que viven no país suramericano, que están a sufrir as consecuencias da complexa situación que atravesa o país e a cobertura das súas necesidades.

Segundo os últimos datos oficiais recollidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a data 1 de xaneiro de 2018 vivían no Brasil 48.441 galegos, o que o convirte no segundo país con maior presenza galega unicamente por detrás da Arxentina, que acubilla 175.000. Do total de galegos que residen neste país, só o 24,75 % naceu en Galicia, e preto do 75 % restante, naceu xa no seu lugar de destino.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre